A XUNTA INVISTE MÁIS DE 2,5 MILLÓNS DE EUROS NA MELLORA E AMPLIACIÓN DO CEIP VIRXE DO ROCÍO, QUE ABRIRÁ O VINDEIRO CURSO ESCOLAR CON NOVAS INSTALACIÓ​NS EDUCATIVAS

  • 120801_DeclasVisitaCEIPVirxedoRocio  A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou hoxe o centro educativo para dar conta da recepción das obras do colexio, no que estudan un total de 185 estudantes.
  • Rehabilitouse o edificio actual integramente e realizouse unha ampliación en 1.500 m2 para contar con novas aulas de infantil, un pavillón deportivo e unha zona nova.
  • A Xunta de Galicia leva investidos máis de 11 millóns de euros nos centros de Primaria e Secundaria da cidade olívica.

Vigo, 01 de agosto de 2012.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou hoxe o CEIP Virxe do Rocío, onde a Xunta de Galicia inviste máis de 2,5 millóns de euros nas obras de mellora e ampliación do centro educativo.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria executou unha reforma integral do centro cunha actuación que afecta aos máis de 5.000 metros cadrados que ten o centro. Para levar a cabo a construción rehabilitouse o edificio actual integramente e, ao mesmo tempo, se realizou unha ampliación en 1.500 metros cadrados que serviu para contar con 4 novas aulas de infantil, un pavillón deportivo e unha zona nova. Tamén se ampliaron e melloraron os recintos correspondentes ao comedor, cocina, zonas de persoal, porche cuberto de entradas, área de xogos, aulas de primaria, aula de informática, conserxería, salas de profesores, despachos ou biblioteca, entre outros.

Esta mañá, a delegada territorial, xunto ao xefe territorial de Educación, César Pérez Ares,  aos técnicos do departamento de Educación e da empresa adxudicataria, visitou o colexio para dar conta da recepción das obras do centro educativo, onde estudan un total de 185 estudantes. A partires de agora, e toda vez que os técnicos dean o visto bo, o centro abrirá as súas portas o vindeiro curso escolar con novas instalacións educativas. 

Coma puido comprobar Bravo Bosch, as obras de mellora supuxeron unha reforma integral do edificio, resolvendo a actuación a través dunha volumetría sinxela a través de paneis de formigón e cubertas planas. Asemade, as aulas de infantil e corredores contarán con amplas fiestras que favorecerán a redución do consumo eléctrico

Por outra banda, e unha vez rematadas estas obras, o centro volverá a contar coa súa biblioteca, integrada desde hai anos no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, a través do cal xa percibiron máis de 18.000 euros.

O investimento que a Xunta de Galicia está a realizar nos centros de Primaria e Secundaria na olívica cidade ascende a máis de 11 millóns de euros, destacando o compromiso adquirido con Foanpas para a ampliación de 6 comedores escolares por un investimento total de 1,5 millóns de euros. Así, están en obras as actuacións no CEIP Illas Cíes, Pintor Laxeiro e Pombal mentres que xa están rematadas os traballos nos CEIP Frián-Teis, Otero Pedraio e Balaídos.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: