Ayuntamiento de Vigo 01-08-12


O Concello promociona Vigo en 500 marquesinas no centro de París e de Londres

A Concellería de Turismo está a desenvolver unha campaña de promoción da cidade nas capitais europeas de París e Londres. Así o explicou hoxe mércores Abel Caballero quen apuntou que serán máis de 500 mupies e marquesinas as que facilitarán información de Vigo en Londres, coincidindo cos Xogos Olímpicos. No caso de París, a promoción desenvolveuse neste pasado mes de xullo.

 


Vigo, con 35 días de media, é o concello de España que antes paga aos seus proveedores

O alcalde de Vigo informou este mércores que o periodo medio de pago aos proveedores do Concello no primeiro semestre de 2012 foi de 35 días -polos 87 das administracións galegas-, sendo Vigo “o concello de España que paga en prazo máis breve aos seus proveedores”, asegurou Caballero.

 


Caballero visitou a humanización da rúa Nicaragua, con 2,3 millóns de investimento

O alcalde de Vigo acudiu hoxe mércores a visitar os traballos de mellora da rúa Nicaragua, actualmente na súa primeira fase de execución, entre a Praza Elíptica e Marqués de Alcedo. Abel Caballero indicou que a rúa estaba “deteriorada” e precisaba desta reforma.

 



Camarada Nimoy

O surf espacial de Camarada Nimoy e o rockabilly de Inculpados na última noite de Son de Vigo na Constitución o xoves 2

Os concertos da Praza da Constitución dentro do festival Son de Vigo pechan o xoves 2 de agosto con dúas novas propostas de música facturada na nosa cidade. Por unha banda, o seing espacial de Camarada Nimoy, un combinado de surf e ciencia ficción. Por outra, Inculpados, unha banda de estética rockabilly cuxos temas orixinais son interpretados ao estilo do rock and roll clásico. Os concertos comezan ás 22.30h.

 


Concertos da Coral Casa Blanca

O Auditorio Mar de Vigo acolle os concertos que a Coral Casa Blanca ofrecerá os días 2 e 3 de agosto, ás 21 horas, dentro do programa das Festas de Vigo .

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: