Comunicado Concejalía Facenda economía. Vigo

 

 

Vigo, 01 de agosto de 2012.

 

– En resposta ás declaracións realizadas esta mañá pola concelleira popular Teresa Cendón sobre o novo hospital de Vigo, a edil de Economía e Facenda, Raquel Díaz, quere manifestar que un medio de comunicación xa adianta hoxe que a Xunta paraliza a obra desta infraestrutura sanitaria por falta de cartos; unha paralización que responde a que non hai crédito dada a pésima situación financeira na que se atopa a Xunta de Galicia e, como xa estamos acostumados, o primeiro proxecto que paran ten que ver con Vigo.  A concelleira socialista insiste en que a administración autonómica non consegue crédito e ningún inversor lles atende. Non ían facer un hospital público e agora nin sequera logran financiamento para construír un centro privado. Díaz insta ao PP de Vigo a reclamarlle á Xunta que continúe a obra de construción dun hospital para Vigo e que o fagan público. Por outra banda, a edil socialista aclarou que o Concello non recibiu peticiónn algunha da Xunta para adquirir a parcela na que supostamente quere construír a subestación eléctrica e asegura non entender as críticas de Cendón, que só se conciben desde intención de agochar un novo fracaso do goberno de Feijóo na cidade. Así, anima á concelleira do PP a non enganar, a dicir a verdade, que pasa por recoñecer que se lles acabaron os cartos.  Xa no convenio, na súa cláusula terceira, se afirma que as obras contempladas no proxecto sectorial non están suxeitas á licenza municipal, motivo polo que o Sergas financiará o custo da obtención do solo necesario para a construción do hospital. Como nos reclama agora a cesión dunha parcela para realizar o centro de transformación? En calqueira caso e e tal e como se ven reiterando desde hai tempo trátase dun convenio marco sen desenvolver e, polo tanto, valeiro de contido posto que non se asinou adenda algunha mais. Díaz asegurou tamén que agora xa se entende cal é o papel de Teresa Cendón, o de recibir instrucións do comisario político da Xunta en Vigo, o señor Santalices. A edil socialista critica ademais o papel da representante popular por defender, unha vez máis, os fiascos do presidente galego na cidade.Raquel Díaz

Concelleira de Economía e Facenda

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: