Ayuntamiento de Vigo 02-08-12


Caballero visitou a humanización de Martínez Garrido na que se invisten 2.250.000 euros

Cun investimento de 2.250 euros, o Goberno municipal está executando as obras de humanización de Martínez Garrido, que se estenderán entre Ramón Nieto e a rúa Mideiros. Trátase, en verbas do rexedor, dunha das grandes de zonas de humanización de Vigo».

 


O Festival Folclórico Internacional de Vigo arranca con grupos de Senegal, Moscova e Costa Rica

A concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, presentou este xoves o Festival Folclórico Internacional do Concello de Vigo chega á súa décimo oitava edición, dentro do programa Vigo en Festas 2012, coa participación dos grupos KÄMUK de Costa Rica, SUVENIR de Moscú, KASSUOMAYE DALIFORT de Senegal e COROS Y DANZAS DE FÁTIMA-Murcia; o festival desenvolverase do 3 ao 8 de agosto e terá o seu acto central no auditorio «Mar de Vigo», o sábado 4 ás 21,30h, con entrada libre ata completar aforo.

 

Policía Local e Bombeiros controlaron a fuga de gas de Enrique Lorenzo que non precisou evacuación veciñal

Efectivos da Policía Local e Bombeiros controlaron na mañá de hoxe xoves a fuga de gas detectada á altura do número 7 da rúa Enrique Lorenzo. Segundo relatou o rexedor, a orixe foi unha das máquinas que traballan nas obras de humanización que golpeou unha conducción de gas que non estaba sinalizada. Destacou a inmediata activación do protocolo de emerxencia e avanzou que estes traballos de humanización evitarán este tipo de accidentes posto que permitirán sinalar as conduccións, correxindo malas prácticas anteriores.

 


Os Resentidos e Siniestro Total clausuran este venres o festival «Son de Vigo»

A axenda continúa repleta de eventos pertencentes ás Festas de Verán, que organiza o Concello de Vigo, máis aínda cando estamos ás portas de comezar a semana grande. Os Resentidos, Siniestro Total, a Coral Casablanca ou os folclóricos Kämuk e Suvenir son as actuacións para este 3 de agosto.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja un comentario