O CCVV rubrica un convenio con entidades financeiras para facilitar o acceso ás vivendas aos seus adxudicatarios

  •   A presidenta do organismo, María José Bravo Bosch, asinou hoxe un acordo marco de colaboración con Novagalicia Banco para a concertación de operacións de crédito cos adxudicatarios das Vivendas de Protección Autonómica (VPA) rehabilitadas polo Consorcio.
  • É a primeira entidade financeira en sumarse á iniciativa, pero o compromiso do Consorcio e tentar que se sumen outras máis a esta iniciativa.
  • A través do convenio rubricado hoxe se busca facilitar o acceso e ofrecer condicións máis vantaxosas aos futuros propietarios na obtención do financiamento necesario para a compra das vivendas adxudicadas.
  • A duración deste convenio será dun ano a partires de hoxe mesmo, dando a posibilidade de prorrogarse por idénticos períodos previo acordo de ambas partes.
  • As entidades asinantes designarán a unha persoa para coordinar as oportunas operacións financeiras, ao tempo que se creará unha comisión de seguimento do convenio para o seu correcto cumprimento.
  • Os 18 adxudicatarios das últimas VPA sorteadas polo CCVV poderán beneficiarse xa das vantaxes de dito convenio.

Vigo, 02 de agosto de 2012.- A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, e o director territorial de Novagalicia Banco, José Manuel Fernández Fernández, asinaron hoxe un convenio marco de colaboración co que se pretende facilitar a concesión de hipotecas aos adxudicatarios das Vivendas de Protección Autonómica (VPA) de prezo concertado rehabilitadas polo organismo e que seguen a poñerse no mercado na actualidade.

Tras a sinatura do convenio, Bravo Bosch explicou que se trata dunha proposta demandada pola cidadanía e polos propios adxudicatarios das vivendas que ten coma obxectivo facilitar o acceso e ofrecer condicións máis vantaxosas aos futuros propietarios na obtención do financiamento e a compra das vivendas adxudicadas e rehabilitadas polo organismo –participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo-.  

A través do documento asinado durante un acto celebrado esta mañá na Delegación Territorial da Xunta, a primeira entidade asinante –Novagalicia Banco- comprométese a nomear a unha persoa para coordinar as oportunas operacións financeiras, ao tempo que se crea unha comisión de seguimento do convenio para o seu correcto cumprimento.

O convenio materializado ten unha duración dun ano, adquirindo vixencia dende hoxe mesmo e podendo ser prorrogado por idénticos períodos previo acordo das partes.

Novagalicia Banco é a primeira entidade en sumarse á iniciativa, pero a idea do CCVV é seguir asinando nas vindeiras datas o presente convenio con outras máis co obxectivo final de que as operacións de compravenda para os adxudicatarios dos pisos sexan máis áxiles e que eles mesmos poidan formalizar as súas hipotecas o antes posible nun contexto de crise económica xeneralizada no que non resulta fácil o acceso ao crédito.

Coma sinalou Bravo Bosch, con esta medida adoptada no día de hoxe, vaise dar un novo impulso á rehabilitación do barrio histórico facilitando que os futuros propietarios -a maioría xente xoven- poidan acceder a estas vivendas en condicións máis vantaxosas.

De dito documento poderán beneficiarse xa os adxudicatarios das 18 VPA sorteadas o pasado 2 de xullo por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), ademais dos futuros adxudicatarios das futuras promocións que poña á venda o organismo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: