Archivo | agosto 3, 2012

Novagalicia tamén elimina comisións a pemes, autónomos e comercios clientes

 O banco crea dúas contas gratuítas para empresas e  profesionais

·               Máis de 600.000 clientes de Novagalicia xa deixaron de pagar comisións.

03.08.2012. Novagalicia Banco vén de estender a súa estratexia Sen Comisións a pemes, autónomos, profesionais e comercios a través de dúas novas contas para estes colectivos empresariais, que contemplan a eliminación dos principais gastos por produtos e servizos.

A entidade simplifica o seu catálogo de produtos dirixido a pemes, micropemes, autónomos e comercios mediante a comercialización de dúas únicas contas máis claras e sinxelas, unha para persoas físicas e outra para persoas xurídicas. As dúas modalidades de conta sitúanse entre as máis competitivas do mercado, pois permiten ao cliente gozar da exención das comisións básicas de conta, tarxetas e servizos máis frecuentes a cambio dunha mínima vinculación coa entidade, principalmente focalizada na domiciliación do seguro social.

Os clientes destes segmentos empresariais que contraten a nova conta non pagarán comisión de mantemento nin de administración de conta e poderán dispor dunha tarxeta de débito e crédito gratis o primeiro ano (e tamén en sucesivos cuns consumos mínimos anuais). Tamén terán tres transferencias e tres ingresos de cheques e pagarés gratis ao mes, e poderán acceder sen custo ao servizo de pago de nóminas a través da banca electrónica de Novagalicia.