Archive | agosto 5, 2012

O Vindeiro 10 de agosto preséntase » en A Cañiza o libro «Somos e Historias de Breogán»,

Ás 8 do serán, no Salón Rexio de Plenos do Concello, ofrecerase a cada asistente un exemplar deste fascinante ensaio, traducido agora ó galego, coa colaboración de Deputación, que nos fala de camiños, carreiros, casos, eventos, xentes e outros saborosos relatos acaecidos en A Cañiza, terra onde montañas, vento, terra, auga, flora e fauna constitúen un todo compacto e sublime.

Catalogaríamos esta obra de narrativa no xénero de novela curta, que agora se publica en galego, páxinas de fabulación, imaxinación e realidade, segundo comenta o profesor de Filoloxía Clásica, Serafín Villanueva Bembibre: “A obra préstase a dúas lecturas. Una primeira lectura repousada, sen presas, saboreando as lendas, costumes e tradicións imaxinariamente tratadas sobre un escenario orográfico de paisaxes, camiños, montes e vereas reais, que hoxe en día aí seguen fitos e transitables, testemuñas silentes dun pasado non tan distante por onde andaron señores do campo, labregos, pastores, viaxeiros, feirantes, romeiros e buscavidas de toda clase e condición. Este é o ambiente que se respira nesta novela, unha atmosfera de historias reais e fabulación que te invitan a leres en zigzag, páxinas adiante e páxinas atrás, onde o fabulado semella solapar a realidade e a realidade a fabulación. Todo un valioso entretemento de cultura e literatura. Pero non remata na primeira lectura por moi atenta, repousada e acougada que se lle teña prestado. Demanda unha segunda lectura. Unha lectura sobre o terreo. Desprazarte ás terras de A Cañiza cos SOÑOS e HISTORIAS en man, abrir por calquera dos seus capítulos, seguir a pé e andando o vieiro, o camiño que vai describindo, pararte e contemplar a casa, a aldea, o regueiro, a ponte, a carballeira ou a montaña que vai describindo, sería o mellor xeito de asumir a mensaxe que les, de reproducir o pasado e vivir o presente. Experiméntao e aledarás”.

“No me sorprendo de que esta novela “SOÑOS E HISTORIAS DE BREOGÁN”, chegue a ser considerada como a acertada guía práctica para os que teñan a ben facer sendeirismo polas Terras da Cañiza. Esta obra contén material abondo para vertebrar non só unha, senón varias rutas para solaz dos afeccionados ó sendeirismo e ó turismo rural”.

“Trama tecida con naturalidade en medios, nos que se concilian axeitadamente o imaxinativo e o real. Persoeiros que se expresan, actúan e séntense cada un de acordo co papel que lle corresponde. Unha avoa narradora, co seu saber das vellas tradicións. Interesante debuxo do ambiente xeográfico, así como a mestura da autobiografía que conta o persoeiro principal e a imaxinación”. Tal ven sendo a síntese das verbas coas que o escritor Francisco Fernández del Riego catalogou esta narrativa gañadora do II Premio Peninsular de Novela Corta “Wenceslao Fernández Florez”, no ano 2002.

“Breo de Gómez”, Breogán Gómez-Giráldez Pérez (Vigo, 1987), suma este premio a outros, como: o do I Concurso Literario Interescolar “Carlos Casares” do ano 2000 (modalidade de Conto Corto), o II Premio de Novela Curta Gran Vigo 2001 y o III Concurso Literario Interescolar “Carlos Casares” do 2002 na modalidade de poesía.

“Esta narrativa transmuta a Historia en historias das fontes, dos habitantes do rural, de antigos tipos labregos e súas andanzas de antano e hogano, de parolas nas longas noites de fiadeiro a carón da lareira, e de contos, contas e amoríos traducidos á sinxela, atractiva e saborosa actualidade . SOÑOS E HISTORIAS DE BREOGÁN é una novela curta con calidade abondo suficiente como para ser publicada”.

“Contra a idea pesimista de que as xoves xeracións viven a distancia da letra impresa, tropezan casos como o do vigués Breogán Gómez- Giraldez Pérez, alumno do IES Álvarez Cunqueiro que, con só 14 años, en 50 folios apertadiños y con gran capacidade descritiva, fixo honor á memoria e ás tradicións, feito esperanzador nestes tempos nos que o pasado e a memoria se tratan como trastes vellos”, comenta Fernando Franco nun articulo publicado no Faro de Vigo.

“Neste case centena de páxinas que abrangue a narrativa “Soños e Historias de Breogán”, trázase unha non moi longa pero si substanciosa historia dos seus múltiples persoeiros. A carón dos contos e narracións o texto abre luz á ampla biografía imaxinaria do persoeiro principal, o contador, acompañada dalgunha que outra que foi real, e recolle mil e un detalles de fontes, realidades, simbolismo e valores, que aportan dimensións novas a todo este repertorio, amañadas dende a óptica xuvenil do autor. Quizás, sen se dar conta, contribúe con novos elementos de estilo a esta modalidade de literatura”. Así o afirma o crítico, Enrique Gómez.

“Todos os que por sorte xa a lemos e cando Vostedes teñan a ben ler os Sonos e Historias de Breogán, decataranse da capacidade do seu autor e de que fai honor á memoria e tradicións do lugar. Tráenos á memoria os principais vieiros que cruzan as terras de A Cañiza. Fálanos do Camiño da Raíña, nome que segundo a tradición se debe a que a Raíña Dona Urraca pasaba por esa vía nos seus desprazamentos entre Castela, Oseira e Melón, visitando de seguido o Mosteiro de A Franqueira, para seguir ó castelo de Sobroso e ó de Salvaterra do Miño que leva o seu mesmo nome. Tamén a raína Isabel de Portugal utilizaba este camiño, lemos nesa novela, vindo de terras portuguesas, pasando por As Neves, Arbo, parroquias de A Cañiza, con descanso na A Franqueira, para continuar camiño a Santiago. Sería este o antigo camiño portugués utilizado por reis y peregrinos do país veciño. Outras varias historias con datas e datos describe esta obra, entre outros temas importantes destas terras, sexa en A Cidade, en A Cerquiña, no Santuario de A Franqueira, ou no “Camiño dos Defuntos”, aínda na boca dos paisanos a comezo do século pasado, porque “baixaban ás costas os cadaleitos dos defuntos dende os lugares de Formigueiro, Vilariño e Folgoso, hate a igrexa de Parada de Achas”.

Describe mormente as fermosuras da paisaxe, con “toxos” e “xestas” competindo coas “carballeiras”, bosques de “piñeiros” e co “luxurioso verde-verde” perante todo o ano en contraste co dourado pelexo dos montes en primavera e outono, cando o sotobosque entra en flor, e as louras e perfumadas fraguiñas das mimosas na primavera, ou o verde intenso, case metálico, dos acivros, salpicando os bosques de carballeiras, namentres nos altos oiamos a cor gris dos nus e redondeados penedos. Esta obra é un paseo que nos devolve á natureza. Paxaros nas árbores ou voando, cabalos que pacen libres sen nos prestan atención.

Nun recuncho dun camiño topamos de súpeto co vello “Frigorífico industrial” a “Neveira”: un oco cavado na pedra e rodeado por muros de granito onde os do lugar acumulaban e apisoaban neve que despois utilizaban como “nevera” para gardar o peixe que despois levarían ó mercado. Tamén podemos visitar os recintos dos famosos“curros” onde ano tras ano festexaban a ritual “ rapa das bestas”. Noutro recuncho descubrimos as pedras que podían “cambiar” ate o tempo atmosférico, se tres virxes acertaban a as recolocaren na posición adecuada. Na proximidade encontramos mámoas, grandes pedras fitas verticais sostendo outra horizontal, posibles sepulcros de construción prehistórica e que aínda agochan outros secretos e recordos do pasado.

En fin, algunhas plumas xa adiantaron que: “esta obra, a máis da súa incuestionables valía literaria, poida valer como una importante guía para recorrer os camiños, carreiros, paseos e bosques que embelecen e arroupan A Cañiza, axudan a te sentires máis preto da terra, como parte dese mundo vivo e desas xentes ante as que o tempo pasa e se volve irrelevante, namentres te axuda a entenderes que o único importante é vivir permanentemente o hoxe, o aquí e o agora…”, dicía a escritora nórviga Kristina Berg.

Engadimos o comentario do intelectual galego, Xaime Isla Couto: “Cando lin esta novela curta, como membro do xurado, non sabía que detrás do nome de autor “Breo de Gómez” co que “Soños e Historias de Breogán” foi presentada e premiada có Premio Peninsular de Novela Curta para xoves “Wenceslao Fernández Flores” había un rapaz de catorce anos. Logo de fallar o premio non me estrañei, porque xa se lle outorgaran outros premios de contos curtos, poesía e pintura, e ademais tiña como mestre ao profesor de historia Alonso Ucha”.

“Chamoume a atención o recurso ás conversas interxeneracionais, a creatividade, a imaxinación, o seu potencial para transformar parte da realidade conservando o esencial da historia, a xeografía, o tempo e os contos que circulan polo ámbito xeográfico no que se desenrola. Sobre todo cando a modernización pon un móbil na man dos nenos antes que un libro, canto máis escribir unha excelente novela curta que ven contribuír, como excelso exemplo, a un novo impulso da cultura, costumes e coñecemento dunha parte do país que figura nos nosos envellecidos corazóns”

Breogán Gómez-Giráldez Pérez, verdadeiro nome do autor, soubo escoller unha idea e facer unha achega histórica, chea de ficción, poñendo en valor a un pobo das montañas de Galicia (A Cañiza), as súas xentes e costumes e dá a coñecer personaxes que co tempo pasarían ó esquecemento, deixando sobradas mostras do saber do personaxe principal, e de persoeiros de ficción da novela e dos contadores que figuran nela. Deixando pegadas que doutra forma, desgraciadamente, non pasarían á historia se non houbese alguén que escribirá delas.

Breogán, nesta novela, fai uso do humor, da retranca, da eficacia narrativa (fuxindo da innecesaria retórica), da súa capacidade de observación para retratar a xeografía cos seus carreiros, situacións e tipos humanos, ambientes e circunstancias diversas, que xunto co mundo máxico, marabilloso, panteísta e diverso logra mostrarnos á Galicia do interior e as noites a veira da lareira. Todo isto cun estilo especial, moi persoal, cousas que os membros do Xurado valoramos para outorgarlle o premio”.

MUSEO DO MAR DE GALICIA INAUGURAUN GRAFFITI DE 18 METROS CON MOTIVODA CELEBRACIÓN DE O MARISQUIÑO

Será o próximo luns día 6, ás 20:00h., na entrada do museo
Presidirá o acto o director daAxencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Juan Carlos Fasero, que estará acompañado pola directora do museo e os directores do festival

Venres, 3de agosto de 2012.- O director daAxencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Juan Carlos Fasero, presidiráo próximo luns día 6, ás 20:00h., no Museo do Mar de Galicia e con motivo da celebración da XII edición do festival Arnette-OMarisquiño, referente da cultura e dos deportes urbanos no panoramanacional e europeo, a inauguración dun mural de 18 metros de lonxitude e dousmetros de alto obra do grafiteiro vigués Antony. O acto contará tamén coapresenza da directora do Museo do Mar de Galicia, Marta Lucio, e os directoresdo festival, Carlos Domínguez e Ramito Tersse.

O graffiti,que contecta ao museo coa cultura urbana e que se instalará no seu interior deforma permanente, amosa en imaxes os diferentes significados que o marrepresenta para o artista: sentimentos, ocio, cultura mariñeira, traballo,pesca, etc. Tras a inauguración levarase a cabo a festade presentación O Marisquiño Warm UpParty na zona exterior do museo, na que se disfrutará dunha sesión especialdo Dj Almagato.

Semana do Rio Desportos Náuticos e de Aventura em Valença – Portugal

 Canoas, velocípedes, tiro com arco, parque de paintball e insufláveis, vão proporcionar uma semana repleta de atividades no Parque da Senhora da Cabeça, em Valença, entre 6 e 10 de Agosto. A iniciativa é da Câmara Municipal  e é grátis até aos 16 anos.

          O parque de paintball, os insufláveis, as canoas, o tiro com arco, os velocípedes e as demais atividades estarão disponíveis,  entre as 10h e 18h00.

          No Rio Minho as canoas proporcionarão passeios na pista fluvial do rio, e a oportunidade de ficar a conhecer melhor a floresta ripícola das margens. No Parque da Senhora da Cabeça os insufláveis, bem como o parque de paintball e tiro com arco prometem dias muito animados. A Marginal Fluvial da Senhora da Cabeça, na sua extensão de 1,5 Km, sempre junto ao rio,  permitirá passeios nos vários tipos de velocípedes disponíveis.

          Para o Presidente da Câmara, Jorge Salgueiro Mendes, a Semana do Rio pretende “ sirva para aproximar os jovens do rio”, quer que “ os valencianos usufruam de um rio que é espetacular e com muito potencial”

Modifican la ley tributaria- Perú

Francisco Pantigoso  Abogado Internacional

TRIBUTARISTA

 el D. Leg. Nº 1120, modificó la Ley del Impuesto a la Renta (LIR). Así, entre los cambios más significativos tenemos que se elimina la obligación de obtener y presentara declaración jurada para la aplicación de la tasa de 15% en asistencia técnica. Se establece,además, un régimen de pagos a cuenta por renta de tercera categoría, el cual no puede ser inferior al 1.5% de los ingresos mensuales del trabajador independiente. Asimismo, este régimen solo podrá ser modificado o suspendido si dichos pagos son inferiores de acuerdo con los respectivos balances de abril y julio. Señala también que el residente peruano que genere utilidades en el exterior (mediante una empresa, portafolio de inversión, etc.) estará obligado a reconocer estas utilidades y pagar los tributos correspondientes. Se precisan supuestos de distribución de utilidades por revaluación voluntaria de activos y otros; y, se exceptúan de llevar libro de Ingresos y Gastos a los que presten servicios al Estado bajo la modalidad de los Contratos Administrativosde Servicios. En general, la norma perfecciona el inc. a) del art. 2; primer párrafo de los incs. b) y d) del art. 9, sobre contribuyentes del impuesto; el primer párrafo del art. 4-A; el inc. b) y el último párrafo del art.19; el acápite a.2) del inciso a) del numeral 21.1; el inc. b) del numeral 21.2 y el numeral 21.3 de art. 21; etc. nIncorpora a la LIR, asimismo, el segundo, tercer, cuarto y quinto párrafos del numeral 1) del inc. e) del art. 32-A, sobre precios de transferencia;n el último párrafo del art. 65;n el

art. 105-A; el tercer párrafo del art. 106 y el Capítulo XIV y sus respectivos artículos.

Música e gastronomíaúnense na VII Feira do Viño da Denominación de OrixeMonterrei

  Durante os días 11 e 12 de agosto, a prazada Mercé de Verín acollerá a celebración da VII Feirado Viño de Monterrei, organizada polo Concello de Verín e aDenominación de Orixe Monterrei, coa colaboración de Puertas deGalicia, Eurocidade Chaves-Verín, e os concellos de Riós eVilardevós.

        Duranteas dúas xornadas conxugáranse viño, gastronomía,música, e baile co obxecto de exaltar unha denominaciónvitivinícola que logrou nos últimos anos recoñecementos noConcurso Mundial de Bruxelas, Cata de Viños de Galicia, Concurso deViños do Noroeste e tamén se acadou a inclusióndalgúns destes viños en guías tan prestixiosas como Campsaou na revista The Wine Advocate,do crítico norteamericano Robert Parker. Leer más…