OS GARDACOSTAS INCAUTÁRONSE DE 822 APARELLOS E COMISARON MÁIS DE 1 TONELADA DE ESPECIES EN DIVERSOS OPERATIVOS CONTRA O FURTIVISMO NA ÚLTIMA SEMANA
Na Ría de Arousa a actuación máis importante saldouse coa incautación de 68 artes entre elas, unha embarcación e 25 quilos de distintas especies
En Vigo os axentes requisaron 70 artes, sobre todo nasas sen identificar, e comisaron preto de 294 quilos de distintas especies
En Camariñas requisaron un total de 411 artes, case todas nasas sen identificar
Ademais os axentes realizaron controis na ría do Burgo e na de Ferrol nas que expulsaron a 26 persoas que mariscaban de xeito ilegal