A DEPUTACIÓN IMPULSA A INICIATIVA “POLA MIÑA VILA PASA A VOLTA” QUE PREMIARÁ ÁS VILAS MELLOR DECORADAS PERANTE A VOLTA CICLISTA A ESPAÑA

O obxecto da iniciativa será promover o  embelecemento e o coidado das nosas vilas, potenciar o seu atractivo turístico e comercial así como o seu carácter tradicional utilizando como elemento principal os elementos deportivos

  • Estableceranse premios económicos de 4.000€ para o primeiro finalista e de 3.000€ para o segundo.
  • As candidaturas deberán presentarse antes do 15 de agosto.
  • O modelo de solicitude e as bases da convocatoria poden consultarse na páxina web da Deputación de Pontevedra www.depo.es.

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e a deputada provincial, Begoña Estévez, aproveitaron hoxe a presenza do Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, para presentar a iniciativa «Pola miña vila pasa a volta», unha actividade a través da cal a entidade provincial pretende implicar a todos os municipios para ofrecer a mellor imaxe co gallo das etapas que a Volta Ciclista a España discorrerá por 26 concellos pontevedreses o vindeiro mes de agosto.

Para isto, estableceranse premios económicos de 4.000€ para o primeiro finalista e de 3.000€ para o segundo. Rafael Louxán declarou que “tendo en conta a magnífica oportunidade de promoción que este evento supón, desde os servizos Turismo Rías Baixas e Deportes da institución provincial estanse aunando esforzos para amosar a mellor imaxe da nosa provincia ó mundo a través da emisión que este evento terá en máis de 180 cadeas de televisión de todo o mundo”.

O obxecto da iniciativa será promover o  embelecemento e o coidado das nosas vilas, potenciar o seu atractivo turístico e comercial así como o seu carácter tradicional utilizando como elemento principal os elementos deportivos; e premiar o esforzo e o traballo que realizan os comerciantes e hostaleiros  que participen nesta iniciativa para atraer ós clientes utilizando a imaxinación e a orixinalidade.

Requisitos

Poderán participar as Asociacións de Comerciantes, Empresarios e Hostaleiros sen fins de lucro que teñan a súa sede nalgún dos 26 concellos da provincia polos que pasará a Volta Ciclista a España.

Concretamente os municipios de Ponteareas, Porriño, Mos, Gondomar, Baiona, Nigrán, Vigo, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Moaña, Cangas, Bueu, Marín, Pontevedra, Poio, Sanxenxo, O Grove, Cambados, Ribadumia, Meis, Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Moraña, Cuntis e A Estrada.

Sobre este respecto, compre salientar que se aceptará unha única candidatura por concello feito polo que naquelas vilas nas que queira participar mais dunha Asociación, a candidatura deberá ser conxunta.

No concurso valorarase a orixinalidade e a imaxinación na decoración, a ornamentación de  comercios, establecementos hostaleiros e de servizos, nas rúas, nas fachadas das casas e edificios, ocos das fiestras, balcóns, terrazas, xardíns, monumentos, fuentes….

O calendario

O concurso terá lugar entre as 10:00h do día 28 de agosto e a mesma hora do día 31. Neste tempo as vilas deben permanecer ornamentadas. As candidaturas deberán presentarse antes do 15 de agosto.

O 24 de agosto publicarase na web da Deputación de Pontevedra a relación de candidaturas admitidas. O xurado reunirase despois do 11 de setembro para propoñer as candidaturas premiadas. Finalmente, os premios entregaranse nun acto público.

Para os interesados en participar, o modelo de solicitude e as bases da convocatoria poden consultarse na páxina web da Deputación de Pontevedra www.depo.es.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: