BNG Vigo declaraciones 07-08-12

  O BNG rexeita ser cómplice dos recortes e insta a compensar a perda de poder adquisitivo dos empregados públicos

Vigo, 7 de agosto de 2012.-. O portavoz municipal nacionalista, Santi Domínguez, expresou este martes o rexeitamento aos recortes impulsados polo goberno central que inclúen a supresión da paga extraordinaria de Nadal aos empregados e empregadas públicos. Criticou que os gobernos central e autonómico pretendan que os concellos sexan cómplices destas medidas e avanzou que no vindeiro pleno o grupo municipal do Bloque instará á corporación a rexeitar estes recortes e tomar medidas para compensar a perda de poder adquisitivo dos empregados públicos municipais.

Santi Domínguez subliñou que os recortes que está levando a cabo tanto o goberno central como galego “son medidas que non palían a crise, senón que inciden nas clases máis desfavorecidas”. Neste sentido destacou que está provocando un forte aumento do desemprego, do risco de exclusión social e da pobreza, tal e como apuntan as entidades sociais, “que alertan da grave situación pola que están atravesando moitas familias”.

Segundo manifestou o nacionalista, a eliminación da paga extraordinaria de Nadal só afondará a grave situación de sectores xa castigados pola crise como o do pequeno e mediano comercio e a hostelería. “No caso concreto de Vigo, estamos falando de 4,7 millóns que desaparecerán da economía local”, sinalou

Por unha banda apuntou que se trata dunha “medida ineficaz, innecesaria e inxusta, porque porque vai empeorar a actividade económica da nosa cidade”. Por outro lado, Santi Domínguez puxo de manifesto que os empregados e empregadas públicos non son un grupo aillado a respecto do colectivo de traballadarores e traballadoras. “Cando falamos de empregados públicos temos que alertar que detrás virán outras medidas contra o resto dos traballadores”, manifestou.

Neste sentido, lembrou que cando se fixeron os primeiros recortes nos salarios públicos, a CEOE os puxo enriba da mesa para que serviran de patrón nas  negociacións dos convenios colectivos. “Moitos nos tememos que os recortes de hoxe servirán de modelo nas vindeiras negociacións”, alertou.

Santi Domínguez criticou que o goberno central e da Xunta queiran que ois concellos sexan cómplices dos recortes “cos que o BNG non está de acordo, xa que o único que obxectivo que teñen é gravar máis aos traballadores e traballadoras”. En consecuencia, fixo un chamamento á “insubmisión contra os recortes e a eliminación dos dereitos”.

Santi Domínguez afirma que o PP debe respectar a democracia e modificar a lei de Área Metropolitana de Vigo

Vigo, 7 de agosto de 2012.-. O portavoz municipal do BNG, Santi Domínguez, instou ao PP a respectar a democracia e a derogar ou modificar a lei de Área Metropolitana de Vigo. En resposta aos medios, o nacionalista defendeu que para o BNG hai “un antes e un despois” despois do que aconteceu no último pleno da corporación municipal, no que por maioría os e as representantes da cidadanía de Vigo manifestaron que non queren esta lei de Área Metropolitana. “Polo tanto, o PP debe tomar boa nota e atender á democracia”, subliñou.

Santi Domínguez lembrou que noutras ocasións o Partido Popular reclamou que se cumpran os acordos da corporación municipal, “algo co que nós estamos de acordo, e iso mesmo é o que lle pedimos ao PP”. Salientou que se esta cidade di por maioría que non quere esta Área Metropolitana, “seguir insistindo en poñer en marcha esta lei é non respectar a democracia”.

Segundo avanzou, o BNG asistirá á constitución da Área Metropolitana e dentro deste organismo seguirá defendendo que esta “non é a lei que Vigo necesita”. Ao respecto, explicou que a modificación da lei debe incluír a transferencia das competencias da Deputación, evitar a duplicidade das administracións, especialmente nestes tempos de recortes, e ademais, ao seu xuízo, Vigo debe ter o peso que lle corresponde como cidade máis importante da área. Finalmente destacou que está nas propias mans do PP traballar a prol do consenso.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: