Concello de Vigo 07-08-12


A programación infantil das Festas de Verán arranca cunha ampla oferta para os máis pequenos

O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, asistiron hoxe martes á rúa do Príncipe, onde teñen lugar terá diferentes actividades infantís: Alavín Alaván, Popín Animación e Os Monicreques na rúa Londres, encargados de entreter aos nenos e nenas de Vigo.

 


O alcalde ve con “satisfacción” que AENA reactive os sistemas antinéboa en Peinador

Despois de telo reclamado en días atrás, e tras terse desviados varios voos, Abel Caballero saudou hoxe martes “con satisfacción” o empeño de AENA -dependente do Ministerio de Fomento- para facer funcionar novamente e “con rapidez” o sistema antinéboa no aeroporto de Vigo, operativo “seguramente esta semana”.

 


Vigo colaborará na organización do 150 aniversario da publicación de Cantares Galegos

O Concello colaborará o ano que ven na organización da celebración do 150 aniversario de Cantares Galegos, tal e como se comprometeu hoxe martes o rexedor nun encontro que mantivo con presidente da Real Academia da Lingua, Xosé Luis Méndez Ferrín, o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira e Henrique Costas, vicerrector de Extensión Cultural da Universidade de Vigo.

 



Jany Joyd

As noites temáticas traen música para tódolos gustos á Praza da Constitución

Segundo informaron o alcalde e a edil de Cultura, dende este martes e ata próximo sábado 11, artistas de moi diferentes rexistros aportarán aos vigueses o mellor do seu repertorio. Os amantes do pop, do blues, da música popular ou dos fados terán o seu concerto á medida.

 



Los Castellers de Terrasa

O Festival Folclórico Internacional chega o seu fin

O festival que reuniu a conxuntos do folclore nacional e internacional péchase o mércores ás 21.30 horas coas actuacións de Kämuk e Virgen de Fátima na parroquia de Matamá.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: