ECONOMÍA E INDUSTRIA E DEPUTACIÓN RENOVAN A SÚA COLABORACIÓN PARA CONTINUAR COA ESTRATEXIA ESPECÍFICA DE IMPULSO AO PEQUENO COMERCIO DE PONTEVEDRA
O departamento que dirixe Javier Guerra leva investidos máis de 23 millóns de euros na dinamización do comercio pontevedrés na lexislatura, a través do Plan Ágora- Agora Re-Comercia
§ A Consellería leva dedicados preto de 900.000 euros ao programa a prol da competitividade do sector na provincia posto en marcha xunto co ente provincial
§ O traballo entre a Xunta e a Deputación permitirá continuar coa campaña “Merca na rúa”, que beneficiou xa a preto de 3.000 comercios pontevedreses
§ Proseguirase tamén coa adecuación de novos espazos para asesorar aos comerciantes e a modernización dos mercados municipais da provincia