O CAMPO DE TRABALLO INTERNACIO​NAL DAS ILLAS CÍES CONTARÁ ESTE VERÁN COA PARTICIPAC​IÓN DE 120 MOZOS E MOZAS

  •   O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe as actividades ambientais que se están a desenvolver na illa
  • As instalacións de Cíes son as únicas de Galicia que contan coa organización de catro quendas diferentes dun mesmo campo de traballo, o que prolongará o labor voluntario ata o 28 de agosto
  • Os mozos e mozas realizan traballos de mantemento, vixilancia contra incendidos e labores de información e sensibilización aos visitantes

Illas Cíes (Pontevedra), 9 de agosto de 2012.- Un total de 120 mozos e mozas de diferentes nacionalidades participarán este verán no campo de traballo das Illas Cíes que se desenvolverá ata o 28 de agosto. O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe as actividades que están a realizar os voluntarios.

Na quenda actual, un total de 30 mozos, de entre 18 e 24 anos, están a realizar labores de mantemento da illa, vixilancia de incendios, ao tempo que informan e sensibilizan aos visitantes sobre a importancia medioambiental desta paraxe ambiental. Ademais, levan a cabo intervencións puntuais de mellora no parque en colaboración cos traballadores do Servizo de Mediambiente.

Rodeiro destacou que as instalacións das illas Cíes son as únicas de Galicia que contan con catro quendas diferentes dun mesmo campo de traballo, o que prolonga o traballo voluntario do 2 de xullo ao 28 de agosto. Incidiu, así mesmo, que este campo de traballo é de tipo medioambiental e ámbito internacional. Estes días os participantes proceden de Francia, Italia, Alemaña, Uruguai, Chile, Madrid, Andalucía, Estremadura, País Vasco e Castela e León. Tamén participan cinco rapaces galegos.

Por último, o responsable da área autonómica explicou que esta iniciativa forma parte da campaña de verán que está a organizar este ano a Consellería de Traballo e Benestar. Esta actuación oferta en toda Galicia máis de 8.000 prazas en campamentos, actividades para maiores de 18 anos e campos de traballo, entre outras actividades. Para isto, a Xunta está a investir 2,3 millóns de euros, o que, ademais, permite a contratación duns 900 monitores e directores de tempo libre.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: