PORTOS DE GALICIA DESENVOLVE O PROXECTOTRANSFRONTEIRIZO ‘CERCO’ PARA A XESTIÓN RENDIBLE DOS RESIDUOS PESQUEIROS

A Administración galega colabora co norte de Portugal nunha proposta orientada á conservación ambiental, a creación de postos de traballo e a eficiencia enerxética

 

  • A iniciativa baséase na creación dunha rede de cooperación para acopio, distribución e venta de redes e aparellos de pesca residuais para a súa reciclaxe

Santiago, 08 de agosto de 2012.-  A Consellería do Medio Rural e do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de comezar o desenvolvemento do proxecto Cerco para a xestión rendible e sostible dos residuos pesqueiros. Esta iniciativa desenvólvese dentro do programa de cooperación transfronteiriza entre España e Portugal PocTec e nela colaboran a comunidade galega e a rexión norte de Portugal.

O proxecto Cerco ten por obxectivo o desenvolvemento de actividades encamiñadas a promover o negocio da reciclaxe. Esta considérase a fórmula para xestionar de forma rendible e beneficiosa para o medio ambiente os residuos pesqueiros, principalmente redes e aparellos de pesca.   

A actuación a desenvolver consistirá na creación dunha rede de cooperación entre ambos territorios para as tarefas de acopio, distribución e venta dos residuos pesqueiros a empresas que poidan sacar rendemento da súa reciclaxe. Deste xeito conformarase un novo modelo de xestión que permitirá a xeración de novos postos de traballo cun alto valor ecolóxico, así como a reducción do impacto ambiental que xeneran os equipos de pesca abandonados, perdidos ou descartados polos usuarios.

Ademais, o proxecto Cerco contempla a eficiencia enerxética entre as súas liñas de traballo, así como a reducción do consumo de derivados do petróleo, apostando pola reciclaxe que permite alongar a vida dos materiais, reducindo o impacto ambiental.

Entre as accións que se desenvolverán no marco desta iniciativa destacan as actividades de formación e foros, a elaboración dunha guía de negocio que recolla a viabilidade do proxecto en cada porto, e a realización de probas piloto de xestión e explotación dos residuos en portos pesqueiros. A esto unirase a potenciación da eficiencia enerxética e a definición de de puntos limpos nos recintos portuarios.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: