BENESTAR DESTINARÁ A FADEMGA EN 2012 UN TOTAL DE 26,2 MILLÓNS DE EUROS, UN INCREMENTO DE MÁIS DO 20% CON RESPECTO A 2009

  •   A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, reuniuse hoxe co presidente desta Federación, Eladio Fernández
  • A Xunta ten incrementado tamén nun 20 por cento a súa achega en mantemento de prazas nos últimos tres anos ao resto de entidades que non están englobadas nesta Federación, e que tamén traballan no eido da discapacidade
  • O Goberno galego lembrou o seu compromiso coa discapacidade, coa creación no que vai de lexislatura de máis de 580 novas prazas

Santiago, 10 de agosto de 2012.-  A Consellería de Traballo e Benestar destinará este ano á Federación de asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual de Galicia (Fademga) un total de 26,2 millóns de euros, nos que se inclúen tanto o destinado ao mantemento de prazas como as axudas dirixidas á manter a súa estrutura organizativa e a súas actividades.

A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, reuniuse hoxe co presidente desta Federación, Eladio Fernández, para abordar as liñas de colaboración abertas entre o departamento autonómico e esta entidade, e para continuar na vía de diálogo que se vén seguindo de xeito constante desde o inicio da lexislatura.

En concreto, Fademga recibía en 2009 un total de 21,5 millóns para o mantemento dunhas 2.500 prazas. Actualmente, logo de aumentar as súas prazas nun 8,2 por cento, o orzamento que destina a Xunta para colaborar no seu mantemento se incrementou en máis dun 20 por cento, ata os 25,8 millóns deste exercicio.

A esta contía hai que sumar os dous convenios de colaboración que se asinan coa Federación (un coa propia Fademga, e outro con Special Olympics, para actividades de ocio e deporte) que suman un importe de preto de 429.000 euros.

A este esforzo orzamentario, hai que engadir o aumento de prazas públicas en materia de discapacidade realizado pola Xunta de Galicia, tanto en concertos como en prazas propias. En total, as prazas de atención á discapacidade téñense incrementando en máis de 580 nestes tres últimos anos, un 13 por cento máis. E, máis en concreto, as prazas propias de atención a persoas con discapacidade intelectual –eido no que traballa Fademga- aumentaron nun 17 por cento nos últimos tres anos

Con todo, Piñeiro lembrou que este pulo á atención á discapacidade non se reflicte tan só no apoio a Fademga, que atende a persoas con discapacidade intelectual, senón que tamén se se estende a outras entidades galegas que traballan con persoas con discapacidade.

Deste xeito, o incremento do orzamento no mantemento de prazas ascende tamén a un 20 por cento con respecto a 2009 no caso das 44 entidades galegas coas que se colabora na prestación de servizos e que non están englobadas en Fademga

Continua colaboración

Esta xuntanza inscríbese na liña de diálogo fluído e colaboración mutua que se leva potenciando ao longo da lexislatura. Así, esta reunión dá continuidade ao resto de encontros que se levan atendido, sempre que se solicitan, para abordar temas relacionados coa discapacidade, unha das prioridades deste Goberno.

Ademais, cabe lembrar que Fademga e o resto de entidades de atención á discapacidade (unhas 160 en toda Galicia) participaron activamente na elaboración do primeiro Plan de acción integral para persoas con discapacidade; así como tamén tomaron parte na redacción da carteira de servizos de atención á dependencia, que ofertará por primeira vez recursos específicos axeitados a cada tipo de discapacidade.

A colaboración tamén se estende en materia de emprego. De feito, e a pesares do axuste do 56 por cento dos orzamentos derivados dos novos orzamentos estatais, a Consellería informou o pasado 19 de maio a CERMI -no que están incluídos Fademga- de que se manterían as súas axudas no eido laboral grazas ao esforzo de xestión do Goberno galego.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: