BRAVO BOSCH CLAUSUROU O CURSO DE MONITORES DEACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE DA FAVEC, ONDE SE FORMARON 25 ALUMNOS E ALUMNAS
120813_DeclasValoracionAreaMetropolitana
- A delegada territorial da Xunta en Vigo felicitounos por elixir este tipo de formación, orientada ao emprego e co obxectivo de incrementar a súa competencia profesional e empregabilidade.
- O curso, no que participan un total de 25 mozos e mozas, comezou o pasado 2 de xullo, rematando no día de mañá, 14 de agosto.
- Comezou na sede da Federación Veciñal “Eduardo Chao”, pero tras solicitar un cambio de ubicación á Xunta, o Goberno galego cedeulles as instalacións da Residencia Xuvenil Altamar.
- O curso consta dunha fase teórico-práctica de 200 horas lectivas e outra práctica de 14 días de actividade nun campamento ou de 150 horas de actividade periódica nunha entidade que traballe no eido do tempo libre.
- A titulación está expedida e homologada pola Xunta de Galicia e o curso conta coa colaboración da Administración autonómica.