Comunicado Concello de Vigo Área Metropolitana
Vigo, 13 de agosto de 2012.
– En relación ás últimas declaracións de Nidia Arévalo, queremos resaltar que as reflexións sobre a posta en funcionamento da lei de área metropolitana terían que terse realizado antes de aprobar o texto legal. Agora xa está claro que o que querían era gobernar Vigo desde fora, tal e como demostra o feito de que non desconvocaran o encontro de rexedores ao saber que non acudiría ningún alcalde que non fora do PP. Unha vez máis, anunciamos a nosa intención de seguir a defender Vigo tal e como o viñemos facendo ata o de agora. Non se concibe que Vigo teña no Goberno do ente o mesmo peso que municipios vint eveces máis pequenos. Carlos L. Font
Segundo tenente de alcalde do Concello de Vigo