PORTOS DE GALICIA APROBA UN PROTOCOLO DE ACTUACIÓN PARA INSTALACIÓ​N, REPARACIÓN E DESGUACE DE BATEAS

120812AUDIOpresiportosprotocolobateas

Santiago, 12 de agosto de 2012.-  Portos de Galicia vén de aprobar un protocolo de actuación para a instalación, reparación e desguace de bateas con plenas garantías ambientais e de operatividade. O texto, baseado nos datos achegados polo Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR), foi ratificado no último Consello de Administración do ente público que preside José Juan Durán.

O protocolo determina a demanda de varadoiros para estas tarefas e función do número de bateas existentes en cada ría. En base ao censo de mexilloneiras, a Ría de Vigo, con 550 bateas; a de Pontevedra, con 380; e a de Arousa, con 2.500 bateas, son as que rexistran maior necesidade de varadoiros nos que realizar estes traballos.

Ante esta realidade, determínanse os puntos máis axeitados para a ubicación de varadoiros, establecendo inicialmente seis: un na ría de Vigo; outro na de Pontevedra; e catro na de Arousa. Na maioría dos casos existen xa ramplas para varadoiro, que poderán ser ampliadas, mentras que outras ubicacións non contan aínda con esta infraestrutura.

Entre as instrucións que recolle o protocolo, establécese a idoneidade de dispoñer dunha superficie de varadoiro de entre 30 e 40 metros, cunha manga de entre 30 e 40, na que poidan situarse simultáneamente dúas bateas. Así mesmo deben contar cunha área adxacente duns 3.000 metros cadrados. A situación destas ramplas debe contar cun bo acceso terrestre e un marítimo o suficientemente amplo para manobrar un remolcador, cun calado mínimo de dous metros.

Con este protocolo Portos de Galicia pretende regular as tarefas de mantemento de bateas coas mellores condicións de operatividade e seguridade, retirando esta tarefa das praias, onde se viña realizando ata o momento, cos preceptivos permisos de Costas.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: