A VEDA DO CHOCO COMEZA MAÑÁ NA PARTE INTERNA DA RÍA DE VIGO CO OBXECTIVO DE PROTEXER O RECURSO

  •  A Consellería do Medio Rural e do Mar atendeu a demanda da Confraría de Redondela, que solicitou un descanso para esta especie dado que se reproduce nesta zona

Santiago, 14 de agosto de 2012.- A Consellería do Medio Rural e do Mar establece por primeira vez unha veda para o choco na parte interna da Ría do Vigo, que comezará mañá e se estenderá ata o 31 de outubro. A Xunta establece esta medida co obxectivo de protexer esta especie para facilitar a súa reprodución e mellorar  a longo prazo as súas capturas.

A Consellería do Medio Rural e do Mar da así resposta á unha solicitude da Confraría de Pescadores de Redondela, que solicitou esta medida. A Xunta considera que se trata dunha medida de xestión axeitada para garantir a conservación deste cefalópodo. A veda abarca dende A Guía ata Arcade, dado que o choco se reproduce nesa zona.

Tal e como establece a Lei de Pesca, as medidas de conservación e protección dos recursos establecidas para a pesca marítima profesional son aplicables á pesca marítima de recreo. En todo caso cómpre incidir que os pescadores recreativos que exercen a súa actividade con total responsabilidade non supoñen unha ameaza tanto para esta especie como para ningunha outra, non sendo así aqueles que, amparándose en licenzas recreativas, están a estragar o recurso.

Cabe destacar que se establecerá un sistema específico de vixilancia para controlar o cumprimento desta veda e evitar a acción furtiva. Precisamente a loita contra o furtivismo é unha das prioridades da Consellería do Medio Rural e do Mar, de cara á conservación dos recursos mariños.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: