AS OBRAS DE SANEAMENTO E REFORZO DE FIRME NA TRAVESÍA DE GONDOMAR INICIARÁNS​E ESTA MESMA SEMANA

  • Os traballos consisten na rehabilitación do firme e no acondicionamento do saneamento das estradas PO-340 e PO-331, ao seu paso por este concello pontevedrés
  • Esta actuación da Axencia Galega de Infraestruturas garantirá que o tráfico circule por estes treitos en condicións de comodidade e seguridade

Santiago, 14 de agosto de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas iniciará as obras de saneamento e reforzo do firme na travesía de Gondomar esta mesma semana, despois de que a Axencia Galega de Infraestruturas encomendara á empresa Covsa (Construcións, Obras e Viais, S.A), por un importe de 50.000 euros, esta actuación.

O firme das estradas que conforman esta travesía, Tui- A Ramallosa (PO-340) e O Porriño- Gondomar (PO-331) presenta un estado de conservación deficiente, polo que é necesario acometer a rehabilitación do mesmo, así como o acondicionamento do saneamento neste punto, para garantir que o tráfico destes treitos – que suman case un quilómetro- circule  en condicións de comodidade e seguridade.

Así, será necesario fresar e repoñer a capa de rodadura nas zonas que están deterioradas, estender capas de asfalto na totalidade do treito, executar o recrecido de pozos, nos casos necesarios, e, por último, repoñer a sinalización horizontal e revisar a vertical.

Esta actuación, que se executará nestas semanas, beneficiará directamente aos preto de 14.000 habitantes de Gondomar.

Dende a Consellería de Medio Ambiente recórdase que a Axencia Galega de Infraestruturas ten entre os seus obxectivos a mellora da rede viaria de Galicia, de xeito que se proporcione aos usuarios da rede unhas condicións de condución cómodas e seguras, mellorando os déficits na seguridade viaria e facilitando o acceso aos distintos equipamentos na procura e no fomento dun desenvolvemento harmónico.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: