COMPROMISO POR GALICIA CONSIDERA QUE O PROGRAMA DE FESTAS FOI DECEPCIONANTE E CARENTE DE IMAXINACIÓN

A formación galeguista lamenta o excesivo custe para as arcas municipais do concerto de Sabina e Serrat

Porén, desde CxG valórase positivamente a aposta polos grupos locais e galegos e polo Casco Vello como escenario

Vigo, 17 Agosto 2012.  Compromiso por Galicia considera que o goberno municipal non soubo ofrecer, nin aos seus concidadáns nin aos turistas que visitaban a cidade, un programa de Festas Atractivo. No canto de paliar o lóxico descenso orzamentario cunha oferta variada que cubrise o oco dos grandes cachés a concellaría de Cultura e Festas organizou un programa para sair do paso, con poucos alicientes e pouco esforzo de imaxinación.

A tardanza na presentación do programa deste ano e as contradicións e cambios de criterios sobre os lugares de celebración dos concertos exemplifica a improvisación coa que se xestionaron as festas de verán da maior cidade de Galicia. Outros exemplos do que non se debe facer, segundo a formación galeguista, son a incorporación da procesión do Cristo como evento das festas, o cambio de localización ao Pazo de Congresos do concerto da Coral Casablanca ou negación inicial do uso do recinto de Castrelos para concertos de verán (un recinto espectacular que foi tristemente infrautilizado).

Desde Compromiso por Galicia consideran que nen sequeraa intención de concentrar a maioría dos eventos na chamada Semana Grande logrou facer un cartel suficientemente atractivo en comparación con outras cidades galegas.

Excesivo custe dun único concerto

Compromiso recorda que a partida consignada este ano ao capítulo de festas de verán alcanza os 469.000 euros mentres que o custe do concerto de Joaquín Sabina e Joan Manuel Serrat superou os 270.000 euros  (actuación 210.000 euros;  outros gastos 40.000, e 20.000 de canon do Ifevi), para o cal ademais os asistentes tiveron que desembolsar 30 euros cada un.

A formación galeguista coincide coa opinión da Asociación de Empresarios de Industrias Culturais, que emitiu un comunicado indicando o custe claramente excesivo dunha actuación que supuxo un custe desorbitado para as arcas municipais, aínda sen menosprezar a grande calidade musical dos artistas.

Valoración positiva da aposta polos grupos locais

Salvando a aposta realizada por visibilizar os grupos locais con concertos no Casco Vello e o éxito dun festival consolidado como O Marisquiño, o resto do programa foi un exemplo da merma de calidade e falta de atractivo. Porén, Compromiso por Galicia lamenta profundamente que este ano Vigo deixase de ser un referente de ocio e cultura para o conxunto do país galego, como si ten sido no pasado.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: