PORTOS DE GALICIA APOSTA POR UNHA ESTRATEXIA TRANSVERSAL PARA A CONSOLIDACIÓN DO TRANSPORTE DE PASAXEIROS NAS RÍAS BAIXAS

  • José Juan Durán lembrou que Galicia moveu 1,5 millóns de pasaxeiros en 2011 e anunciou futuas medidas centradas en Pontevedra e Arousa, con Vigo como referente

Santiago, 16 de agosto de 2012.-  Portos de Galicia aposta polo desenvolvemento dunha estratexia transversal que aglutine os sectores portuario, turístico e mobilidade, para a consolidación definitiva do transporte marítimo de pasaxeiros no ámbito no que se está a desenvolver actualmente, as Rías Baixas. Así quedou de manifesto na I Xornada sobre tráfico de ría, organizada polo ente público en Vilanova de Arousa, cunha ampla representación da comunidade portuaria e os sectores implicados.

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, presidiu esta xornada, centrada nas potencialidades turísticas, económicas e sociais desta alternativa ao tráfico terrestre. Para afondar no tema, celebráronse tres ponencias e unha mesa redonda, nas que estiveron representadas as administracións implicadas no impulso ao transporte marítimo de pasaxeiros e destacadas entidades turísticas das Rías Baixas.

Durán Hermida foi o encargado de pronunciar a primeira das ponencias, centrada na caracterización do transporte marítimo de pasaxeiros no sistema portuario galego. O presidente de Portos de Galicia subliñou a contribución potencial desta actividade na economía de Galicia, creando sinerxias con outros sectores, destacadamente o turismo, para configurar unha mellor oferta de cara a atraer visitantes. En canto ao potencial cuantitativo do transporte de ría, lembrou que esta actividade mobilizou durante o 2011 a arredor de 1,5 millóns de pasaxeiros, co correspondente impacto positivo na economía.

Así mesmo Durán apelou ao carácter histórico do transporte por mar entre as distintas beiras das rías, destacando o compoñente cultural como un valor máis de cara ao atractivo deste servizo. Finalmente insistiu na necesidade de planificar as infraestruturas portuarias, especialmente as orientadas ao transporte de pasaxeiros, tendo en conta as necesidades das persoas con discapacidade ou mobilidade reducida.

De cara ao futuro, o presidente de Portos anunciou que nos vindeiros meses o ente público porá en marcha novas iniciativas para materializar a estratexia de impulso definitivo ao transporte de ría. Nesta planificación, establecerase a ría de Vigo como referente de desenvolvemento do transporte marítimo de pasaxeiros xa consolidado. Con esta experiencia, estableceranse os medios para unha actividade de similar intensidade, en localidades das rías de Arousa e Pontevedra, con especial atención á liña entre Ribeira e Vilanova de Arousa, onde vén de ser rematada a construción dunha nova estación marítima.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: