O PASADO XOVES 29 DE AGOSTO A DEPUTADA MARTA IGLESIAS BUENO VISITA AS AULAS DE FORMACIÓN DO CENTRO PRÍNCIPE FELIPE, ONDE SE IMPARTEN AS NOVAS ACCIÓNS FORMATIVAS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
A deputada do Servizo de Servizos Socias e Promoción de Emprego da Deputación de Pontevedra, Marta Iglesias Bueno, acompañada por César Augusto Pérez Ares, xefe territorial da Consellería de Educación en Pontevedra, e de Xosé Manuel Fernández, xerente do Centro Príncipe Felipe, visitan as aulas onde se imparten as novas accións formativas do Plan AFD-2012 das especialidade de “Mecanizado da madeira e derivados” e de “Axente comercial”.
Con estas dúas novas accións formativas, subvencionadas pola Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar ó amparo do programa de Adaptabilidade e Emprego do Fondo Social Europeo, a Deputación continúa traballando para promover e aumentar o emprego das persoas desempregadas co fin de mellorar a empregabilidade a través da formación ocupacional.
Estes dous cursos estanse impartindo nas instalacións do centro Príncipe Felipe e teñen unha duración de catro meses; rematan o 30 de novembro de 2012.
Dentro das actividades que se desenvolven no Servizo de Servizos Sociais e Promoción de Emprego da Deputación de Pontevedra inclúense a orientación, formación, intermediación e inserción laboral.
Estas actividades están dirixidas fundamentalmente á integración laboral das persoas desempregadas, dándolles prioridade ós colectivos con dificultades para a súa incorporación no mercado laboral: desempregados de longa duración, persoas con discapacidade, minorías étnicas, mulleres, mozos na procura do seu primeiro emprego, etc.
O equipo técnico do mencionado servizo realiza tarefas de orientación e intermediación a través dun estudo do perfil profesional de cada unha das persoas que participa na formación para elaborar unha prospección do mercado laboral enfocada ó perfil profesional do alumnado. Así mesmo cáptanse ofertas laborais relacionadas cos sectores da formación para xestionalas e facer unha preselección de candidatos e así derivárllelos ás empresas contratantes.