MARCO: novo récord solo guitarra 15:15:15

 A punto de finalizar a exposición PRESENZA ACTIVA

Novo récord de solo de guitarra na peza de Thom Kubli Cristian Fernández Graña consigue un novo rexistro de 15 horas, 15 minutos, 15 segundos. Tras sucesivos       intentos de bater o ‘solo de guitarra máis longo endexamais interpretado’,       hoxe venres 31 de agosto a peza de Thom Kubli activouse por última vez no       MARCO. Cristian Fernández Graña, estudante e membro do grupo de       power metal ‘Mystic Dragons’, conseguiu un novo       récord de 15 horas, 15 minutos e 15 segundos. Durante a súa actuación       estivo acompañado de Dominique Haroun López, que actuou como       testemuña.
Record Attempt [Intento de récord], de Thom Kubli, é unha das obras incluídas na exposición PRESENZA ACTIVA, que este domingo 2 de setembro se clausura no MARCO. Esta instalación e plataforma de performance presenta un arquivo documental e un escenario en directo para que os participantes tenten bater o récord do ‘Solo de guitarra máis longo endexamais interpretado’, que o propio artista deixou o día da inauguración en 7 horas, 5 minutos e 4 segundos. Dende entón, varios candidatos responderon ao reto, e tres deles conseguiron novos récords: Gabriel Domínguez García (7 horas, 10 minutos, 6 segundos), Cristian Matos Paes (9 horas), Rubén Fernández Fernández (12 horas), e o propio Gabriel Domínguez cun novo rexistro de 13 horas, que o récord actual. http://www.marcovigo.com/content/presenza-activa

Todas as actuacións están supervisadas por unha testemuña e son retransmitidas en tempo real a través da web. Durante as accións, o público permanece separado fisicamente da actividade, que ten lugar dentro dunha cabina illada, provista dunha fiestra para ver o interior.

A partir do 5 de outubro a exposición trasládase a LABoral de Gijón, centro de arte que coproduce a mostra, onde Thom Kubli tentará bater de novo o récord, abrindo así posibilidades de participación a outros candidatos. Calquera persoa interesada en participar ten toda a información dispoñible na web do centro:

http://www.laboralcentrodearte.org/es/recursos/convocatorias/sologuitarra

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: