Archive | septiembre 4, 2012

Concello de Vigo 04-09-12


Un acordo cos propietarios dos terreos facilita un novo vial de acceso ao parque comercial Meixueiro “sin coste para a cidade”

O alcalde de Vigo asinou hoxe martes un convenio que permite desbloquear o acceso pendente ao parque comercial Meixueiro desde a A-55. Este acordo facilitará a construcción dun vial desde a autovía que dotará de dous accesos a este polígono comercial que recibe a diario máis de 2.000 vehículos e no que traballan ao redor de 500 persoas.

 


A aula da Uned abre as súas portas en Vigo este curso cun finanzamento 100 % municipal

O Concello de Vigo ten “todo listo” para a sinatura do convenio da Uned que permitirá abrir en Vigo a aula de acceso á Universidade este curso. Así o explicou hoxe martes o alcalde quen destacou que esta dotación estará “costeada na súa totalidade e en exclusiva con cartos municipais”.

 

O alcalde de Vigo rebaixou nun 35 % o seu salario nos últimos cinco anos

O alcalde de Vigo ten “seguramente” o salario máis baixo de todos os rexedores das grandes cidades de España, segundo afirmou Cabellero hoxe martes nun encontro cos medios de comunicación no que concretou unha rebaixa do 35% das súas retribucións desde que dirixe a cidade. Cualifica o seu salario de “moi digno” e apuntou sentirse “moi ben retribuido”.

 


Convocatoria do novo curso 2012-2013

O Concello de Vigo oferta, a través do seu Servizo de Educación, as novas prazas para estudos musicais e teatrais na Escola municipal de Música de Vigo (EMMV), na Escola Municipal de Música Tradicional e Folk (E-TRAD) e na Escola Municipal de Teatro (EMT), correspondentes á programación do vindeiro curso 2012-2013 que comezará o vindeiro 24 de setembro.

AS BANDAS DE MÚSICA DE MATAMÁ, RIBADUMIA E CALDAS ACTUARÁN NO DESCANSO DO PARTIDO INTERNACIONAL ESPAÑA-ARABIA SAUDÍ

As bandas de música de Matamá (Vigo), Ribadumia e Caldas de Reis levarán a cabo unha actuación no descanso do partido internacional España-Arabia Saudita co que se inaugurará a remodelación integral e construcción do Novo Estadio de Pasarón o vindeiro venres.

A elección mediante sorteo tivo lugar hoxe nunha xuntanza habida no Pazo Provincial na que participaron o presidente, Rafael Louzán, e representantes de 18 bandas de música da provincia interesadas en participar no acto. As citadas bandas realizarán un pasarrúas ou intervirán dende un lugar do Estadio, en función da organización do acto que determine a Federación Española de Fútbol.

A intervención das bandas de música da provincia ven derivada do interés da Deputación por proxectar a laboura deste importante colectivo do acervo cultural da provincia.

O BNG E O PSOE DE SALCEDA NON QUEREN RESTAURAR A ESTATUA EN HOMENAXE A “TUCHO

Así o demostraronao non apoiar a moción presentada polo Partido Popular no pleno do venres naque se pedía a recuperación e a colocación da mesma

Tras seresnaquizada por mor de actos vandálicos en marzo de 2010 os anacos da figurapermanecen abandonados no almacén do Concello ante a “deixadez e totaldesinterese” do Goberno municipal

Rodríguez Davila reclama “que se deixen de gastar tanto en carteispromocionais coas iniciais SC einvistan máis na recuperación do patrimonio histórico e cultural”

PP en Vigo 04-09-12

EL CONFLICTO DE LA ETEA DEMUESTRA QUETEIS ES “UN PUNTO NEGRO” PARA EL ALCALDE COMO LO SON OTRAS MUCHAS PARROQUIAS DEVIGO

·       Elconcejal del Partido Popular Antonio Bernárdez rechaza la disculpa de Caballerode que no hay dinero para abrir las instalaciones deportivas de la antiguaescuela de la Armada, cuando se comprometió a hacerlo hace años.

·       “Esotra muestra más de que la única verdad que existe es la suya y de quedesprecia a cuantos no le dan la razón o no le siguen el juego”, critica eledil del PP. Leer Más…

Galiza pechou o mes de agosto cun total de 257.267 persoas no paro

Só un 5,5% dos 63.955 contratos subscritos durante o mes pasado foron de duración indefinida

VIGO/04-09-12

Galiza rematou agosto con total de 257.267 persoas no paro, o que supón un 1,13% menos que o mes anterior. A priori pode semellar un dato positivo, aínda que se se compara cos rexistros interanuais obsérvase que o noso país contabiliza un 14,55% máis de parados/as que no mesmo mes de 2011. Salienta tamén a alta temporalidade do emprego, tendo en conta que dos 63.955 contratos subscritos en agosto só un 5,5% foron indefinidos 

Deste xeito, non se pode falar de que os datos do paro están a ter un bo comportamento no conxunto do país até que non se recupere a taxa interanual. Tampouco invita ao optimismo a alta temporalidade do emprego, xa que só un 5,5% dos 63.955 contratos subscritos en agosto foron de duración indefinida.

Así mesmo, esta leve baixada no nivel de paro non pode facer esquecer que 107.471 persoas que se atopan nesta situación non reciben ningún tipo de prestación. Un total de 80.389 perciben a prestación contributiva, mentres que o resto recibe o subsidio ou a renda activa de inserción, ingresos que non superan os 500 euros mensuais.

PRETO DE 1.300 NENOS E NENAS INCORPORAR​ANSE MAÑÁ ÁS 19 ESCOLAS QUE A REDE A GALIÑA AZUL TEN NO ÁMBITO DA DELEGACIÓN TERRITORIA​L DE VIGO

  •   A oferta incrementouse nos últimos anos un 48%, con máis de 400 prazas de nova creación para os municipios de Vigo, Soutomaior, O Porriño, Cangas e Mos.
  • Esta semana comeza o período de matriculación para a escola infantil da Gota de Leche, en Vigo, despois de que se publique o listado definitivo de admitidos co obxectivo de que entre en funcionamento o día 17 deste mesmo mes.
  • A cidade de Vigo é a que conta cun maior incremento no seu número de prazas, dispoñendo este ano cun total de 628 prazas en 8 centros autonómicos. Leer Más…

EL ALCALDE NELSONSANTOS ASISTE A LA PRESENTACIÓN DE LA colección de LA PAPELERÍA 2013 DEMARTINA EVENTOS

  La firma pertenece a la emprendedoraporriñesa Verónica Gómez y se localiza en el vivero de empresas del Multicentrode Torneiros

Fue un grupo de mujeres, algunas de ellasya clientes, el encargado de elegir las texturas de la papelería de la nuevatemporada; un material exportado de Alemania y Suiza comercializado en Españaen exclusiva por Martina Eventos

El aumento de volumen de negocioprovocará que se realicen contrataciones, ante lo cual desde el Concellosolicitan que “en la medida de loposible, esas futuras inserciones sean cubiertas por usuarios de la Bolsa municipal de empleo, ala que ella misma también perteneció, apostando por el autoempleo paraabandonar la situación de paro”, señala M. Alejandro Lorenzo, concejal deEmpleo y Formación

O presidente da Deputación​, Rafael Louzán, mantén unha xuntanza con representa​ntes das Bandas de Música

  O presidente da Deputación​, Rafael Louzán, mantén unha xuntanza con representa​ntes das Bandas de Música. No Pazo Provincia

CURSOS PARA EMPRENDEDO​RES IMPULSADOS POLO IGAPE EN COLABORACI​ÓN COA EOI E A FUNDACIÓN LA CAIXA

OBXECTIVOS

Formar a mozos/as emprendedores/as cun Proxecto de Empresa embrionario en diferentes áreas de xestión empresarial, co obxectivo de pór en valor e analizar a viabilidade do seu proxecto.Dotar ao emprendedor/a da Formación adecuada para acometer o seu proxecto. DESTINATARIOS Mozos/as Emprendedores/as cunha idea Proxecto Embrionario, que no momento do comezo do Curso teñan unha Idade Máxima de 30 anos. Os interesados en participar nestes cursos, que se desenvolverán na Coruña e Santiago, poden inscribirse a través da web do Igape ata o próximo 11 de setembro.

 Máis información e inscricións

 www.igape.es