Concello de Vigo 04-09-12


Un acordo cos propietarios dos terreos facilita un novo vial de acceso ao parque comercial Meixueiro “sin coste para a cidade”

O alcalde de Vigo asinou hoxe martes un convenio que permite desbloquear o acceso pendente ao parque comercial Meixueiro desde a A-55. Este acordo facilitará a construcción dun vial desde a autovía que dotará de dous accesos a este polígono comercial que recibe a diario máis de 2.000 vehículos e no que traballan ao redor de 500 persoas.

 


A aula da Uned abre as súas portas en Vigo este curso cun finanzamento 100 % municipal

O Concello de Vigo ten “todo listo” para a sinatura do convenio da Uned que permitirá abrir en Vigo a aula de acceso á Universidade este curso. Así o explicou hoxe martes o alcalde quen destacou que esta dotación estará “costeada na súa totalidade e en exclusiva con cartos municipais”.

 

O alcalde de Vigo rebaixou nun 35 % o seu salario nos últimos cinco anos

O alcalde de Vigo ten “seguramente” o salario máis baixo de todos os rexedores das grandes cidades de España, segundo afirmou Cabellero hoxe martes nun encontro cos medios de comunicación no que concretou unha rebaixa do 35% das súas retribucións desde que dirixe a cidade. Cualifica o seu salario de “moi digno” e apuntou sentirse “moi ben retribuido”.

 


Convocatoria do novo curso 2012-2013

O Concello de Vigo oferta, a través do seu Servizo de Educación, as novas prazas para estudos musicais e teatrais na Escola municipal de Música de Vigo (EMMV), na Escola Municipal de Música Tradicional e Folk (E-TRAD) e na Escola Municipal de Teatro (EMT), correspondentes á programación do vindeiro curso 2012-2013 que comezará o vindeiro 24 de setembro.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: