A Selección xogará en Balaídos en 2013 e as sub-21 e Olímpica en Pasarón

  •  O presidente da Deputación salientou que o éxito acadado coa presentación de Pasarón abriu as portas para atraer a este estadio varias actividades da Real Federación
  • Cualificou a Volta e o partido da selección como “os 2 eventos máis importantes das últimas décadas en materia de promoción e proxección da provincia”

A Selección Española Absoluta de Fútbol disputará en 2013 un partido no estadio de Balaídos e as seleccións Sub-21 e Olímpica teñen confirmada tamén a súa presenza en Pasarón, a primeira delas para a disputa de, polo menos, un partido oficial. Así o anunciou esta mañá o presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, quen recalcou que o éxito acadado coa organización do partido entre España e Arabia Saudí disputado o pasado venres, confirmaron a capacidade de Pontevedra para acoller este tipo de eventos e, por iso, a provincia vai ser durante 2013 sede de distintas actividades da Real Federación Española de Fútbol.

Louzán fixo especial fincapé na enorme proxección acadada pola provincia a nivel mundial coa presenza da Volta a España e da Selección Española, grazas aos cales “a marca Rías Baixas-Provincia de Pontevedra é hoxe máis potente ca nunca”. Malia ser dous eventos que “poñían a proba” a capacidade de organización da Deputación, resultaron un gran éxito e convertéronse “nos 2 eventos máis importantes das últimas décadas en materia de promoción e proxección da provincia”.

Neste sentido, lembrou que a Volta a España tivo –segundo a propia organización da Volta- en Pontevedra “as mellores etapas da mellor edición da Volta ciclista a España nunca antes celebrada” co que iso significa a nivel de difusión turística internacional, xa que unha media de máis de 1,8 millóns de espectadores de TVE viron a última media hora de cada unha das etapas, ademais de que máis de 150 países de todo o mundo difundiron as imaxes das Rías Baixas.

Así mesmo, o partido da Selección foi visto por 4,5 millóns de espectadores, o que permitiu proxectar cara o exterior tanto a cidade de Pontevedra como a de Vigo.

Neste sentido, Louzán recalcou tamén a boa valoración que tanto o equipo da Selección como os membros da Real Federación Española de Fútbol, os asistentes ao campo e os medios de comunicación, fixeron do estadio de Pasarón, tanto polas súas dimensións como polo perfecto estado do terreo de xogo e das instalacións e pola a calidade do céspede. Datos todos eles que non só avalan o investimento feito no estadio senón que tamén foron decisivos para que en Pasarón se proxecte de cara a 2013 como estadio para varias actividades da selección olímpica, da selección Sub-21 e da propia Federación.

Repercusión social e económica

O presidente da Deputación referiuse á repercusión social e económica da Volta e do partido da Selección, que supuxeron un novo balón de osíxeno para o sector da hostalería, da restauración e do comercio e que terá a súa continuidade grazas á labor de promoción que supuxeron ambos os dous eventos.

Así mesmo, Louzán referiuse ao interese amosado pola delegación de Arabia Saudí nesta provincia, da que se “levou unha fantástica imaxe” e ademais, de poder establecer contactos con 200 empresarios de sectores como o graniteiro, naval, vinícola, da construción e do turismo, polos que a delegación árabe que acompañaba á selección amosou o seu interese.

Compromisos de futuro

Tras amosar a súa “satisfacción” e o agradecemento a todos os que traballaron para que estes eventos fosen un éxito, Louzán asegurou que agora “toca falar de futuro” e seguir traballando como ata agora.

Neste sentido, lembrou que, ademais dos partidos das distintas categorías da Selección Española na provincia e do investimento que a Real Federación fará na remodelación do campo de Coia en Vigo, Pontevedra tamén vivirá en 2013 unha “saída inédita” e “extremadamente orixinal” da Volta a España coa que se pretende acadar e, incluso, superar, o éxito desta edición.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: