A XUNTA RECORDA QUE O CONCELLO DE VIGO COBRA AOS VIGUESES E VIGUESAS UN DOS RECIBOS DA AUGA MÁIS CAROS DE TODA GALICIA

  •  O novo canon aplica unha tarifa acorde ao consumo real do recurso e tendo en conta o número de residentes na vivenda, é dicir, pagará máis quen máis consume.
  • Se o Concello de Vigo aplicase o mesmo criterio que Augas de Galicia, as familias viguesas terían unha factura máis xusta en función do seu consumo real e deixarían de pagar unha tarifa mínima de 30 m3 ao bimestre gasten a auga ou non.
  • Se así fora, unha familia media de 3 persoas cun consumo que pasase dos 15 aos 10 m3, que se considera racional e responsable, rebaixaría a súa factura nun 33%.
  • A factura da auga dos vigueses e viguesas ten dúas partes e o canon da auga soamente é unha pequena parte dela; o resto corresponde as taxas impostas polo Concello de Vigo, que cobra un dos recibos máis caros de toda Galicia.
  • A Xunta lamenta que o Concello de Vigo desaproveitara a carta que remitiu aos fogares dos cidadáns vigueses para comunicar as vantaxes que terán as máis de 1.700 familias numerosas que hai censadas no municipio, así coma ás familias con máis de 3 persoas empadroadas na vivenda ou a exención para situacións de risco de exclusión social, incluídas as entidades e institucións de iniciativa social.
  • O novo canon é finalista, é dicir, financiará única e exclusivamente actuacións en materia hidráulica na cidade, o que supón un investimento de case 1.000 euros por abonado en Vigo.

Vigo  10 de setembro de 2012.- A Xunta de Galicia recorda ao Concello de Vigo que cobra aos vigueses e viguesas un dos recibos da auga máis caros de toda Galicia e que se aplicase o mesmo criterio que seguiu Augas de Galicia á hora de aplicar o canon, as familias da cidade pagarían dunha forma máis xusta e equitativa polo consumo do recurso.  

Hai que deixar claro que o canon da auga non é un novo tributo senón que actualiza o antigo canon de saneamento aplicando unha tarifa por treitos de consumo real da auga que se gaste en cada vivenda. Aplícase así unha tarifa acorde ao consumo real e tendo en conta tamén o número de residentes na vivenda, é dicir, pagará máis quen máis consume baixo a lóxica de que unha vivenda con 5 persoas consume máis auga que unha de tres.

A finalidade é modernizar o antigo canon de saneamento que existía ata o de agora con dous obxectivos primordiais: fomentar o uso racional da auga e o aforro da mesma.

Deste modo, a Xunta lamenta que o Concello de Vigo utilice a demagoxia para tratar este asunto e desaproveitara a comunicación oficial que estes días está a chegar aos fogares de todos os vigueses e viguesas xunto ao recibo da auga para non comunicar as vantaxes do novo sistema de tarificación que, ademais, debería ser unha referencia para o propio concello. Se así fora, as familias viguesas terían unha factura máis xusta en función do seu consumo real e deixarían de pagar unha tarifa mínima de 30 m3 ao bimestre totalmente inxusta, gasten a auga ou non. Por poñer un exemplo, un vigués que gasta 5 m3 ao mes paga o mesmo que un que consume 15. Sen embargo, se o Concello de Vigo aplicase o criterio de Augas de Galicia, unha familia media de 3 persoas cun consumo que pasase dos 15 aos 10 m3, que se considera racional e responsable, podería chegar a rebaixar a súa factura nun 33%. Desta maneira, o único que varía é a parte autonómica da factura mentres que na factura total non se observa a mesma proporción porque o consumo mínimo de 15 m3 ao mes do Concello o impide.

O novo canon é o 2º máis barato de toda España e non se trata dun novo tributo. Ademais, é finalista, é dicir, financiará única e exclusivamente actuacións en materia hidráulica na cidade, o que supón para a cidade de Vigo un retorno en investimentos de case 1.000 euros por abonado.

A Xunta lamenta unha vez máis que o Concello de Vigo desaproveitara a carta que remitiu –inútil e que induce á confusión- para non contar as bonificacións que terán as máis de 1.700 familias numerosas que hai censadas no municipio, así coma ás familias con máis de 3 persoas empadroadas na vivenda ou a exención para situacións de risco de exclusión social, incluídas as entidades e institucións de iniciativa social.

Entre estas vantaxes, bonificacións do 50% para ditas familias numerosas, exención para situacións de exclusión social ademais de considerar o número de persoas por vivenda. Para aplicar estas condicións especiais, as familias deben comunicar e acreditar estas situacións ante Augas de Galicia, especialmente o número de persoas por vivenda se están empadroadas máis de 3.

Aplicación na factura dos vigueses

A factura da auga que cada dous meses reciben os vigueses e viguesas ten dúas partes. O canon é unha pequena parte do recibo que se aplica en función do consumo real da vivenda e que é o mesmo para toda Galicia; o resto corresponde as taxas impostas polo Concello de Vigo (saneamento, depuración, cota fixa, aluguer contador e outros conceptos), quen ten as competencias en materia de abastecemento e cobra aos cidadáns.

Con este novo sistema tarifario, máis equitativo e máis xusto en función do consumo e do número de residentes na vivenda, ao redor dun 30% dos vigueses e viguesas contarán cunha tarifa máis barata que a actual e van ver diminuído o seu recibo da auga. Mentres, nos casos nos que poida existir un incremento, as familias aboarán coma máximo, 1 euro máis ao mes, beneficiando así un consumo racional do recurso.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: