Aqualia informa de que o vertido ao Lagares está localizado e subsanado

Vigo, 10 de setembro de 2012

 Tras as inspeccións levadas a cabo por parte de aqualia no Río Lagares desde que deu comezo o vertido, finalmente esta mesma mañá localizouse a orixe do mesmo. Concretamente este procedía do aliviadoiro dunha estación de bombeo. Un fallo de tensión na alimentación da estación de bombeo impediu detectar a orixe do vertido con anterioridade. Unha vez detectado o problema, procedeuse a corrixilo de maneira inmediata coa posta en funcionamento da estación de bombeo, pondo así fin á orixe dos vertidos. Tras eliminar o foco, os labores por parte do persoal de aqualia centráronse na limpeza na zona do vertido e ao longo da canle onde se detectaron as manchas. Para o que se puxeron todos os medios posibles para emendar as consecuencias do vertido.Neste sentido, e co obxecto de evitar que algunhas manchas puidesen chegar ata a praia de Samil, instalouse unha barreira anticontaminación na desembocadura do río.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: