BNG Vigo 10-09-12

 O pleno aproba a moción do BNG que insta a compensar a perda de poder adquisitivo dos empregados públicos

Vigo, 10 de setembro de 2012.-. O Bloque Nacionalista Galego acadou o repaldo do pleno vigués, en concreto os votos do PsdeG, para aprobar a moción que insta ao goberno local, por unha banda, a rexeitar o RD-Lei 10/2012 do 13 de xullo que aminora a retribución dos empregados e empregadas públicos, e por outra a compensar a perda do seu poder adquisitivo. “Estas medidas están tomadas sen consenso e sen negociación e nos obrigan a ser cómplices duns recortes cos que o BNG nunca estará de acordo”, asegurou Santi Domínguez.

O portavoz municipal do BNG denunciou que a crise serve ao PP de “pretexto para eliminar o Estado de benestar”, de xeito que as decisións que toma só provocan o agravamento da crise económica e un forte aumento do desemprego.  Segundo apuntou, estas decisións agravan ademais a situación dun traballadores que “lonxe de ser culpables da crise levan moitos anos padecéndoa”.

Santi Domínguez salientou que, en consecuencia, nas localidades nas que goberna, o Bloque pon en marcha medidas tendentes a compensar esa perda de poder adquisitivo que impulsa o PP coas súas decisións. Apuntou que esas medidas xa se están executando noutros territorios e entre elas sinalou o adianto a xaneiro da paga extraordinaria correspondente ao mes de xullo ou o pago de pluses de produtividade.

“Se tan mal estaba todo, por que Rajoy se presentou ás eleccións? Presentouse acaso enganado?”, comentou o nacionalista en resposta á intervención do portavoz municipal dos populares, que botou a culpa da crise ao despilfaro do goberno anterior. Santi Domínguez tamén fixo referencia ao presidente da Xunta, que nas pasadas eleccións autonómicas asegurara que en 45 días remataría coa crise e o paro. Pola contra, asegurou que as políticas de Rajoy e Feijóo están “moi claras” en Galiza, xa que a comunidade está máis endebedada que cando rematou o goberno do bipartito e o paro aumentou máis que a media estatal.

O BNG reclama á Xunta que derogue o canon da auga e esixe ao goberno local que presente xa a revisión da tarifa

Vigo, 10 de setembro de 2012.-. Tras lamentar que o PP non quixera debater conxuntamente as respectivas mocións de PSOE e PP sobre o canon de auga e a modificación da tarifa respectivamente, Santi Domínguez defendeu a coherencia do BNG no planteamento deste tema. Por unha banda subliñou que o actual incremento do recibo é debido á imposición do novo imposto por parte da Xunta de Galiza, como é o canon, “por un afán meramente recadatorio” e por outra defendeu a modificación do sistema tarifario actual.O portavoz municipal do BNG criticou a “desfachatez política do PP” ao esixir neste tema o cumprimento dos acordos plenarios, cando precisamente a corporación tamén aprobou reclamar á Xunta a derogación do canon da auga e os concelleiros populares “non din nada en contra dun imposto totalmente inxusto”. Amosando dúas facturas correspondentes a unha familia de tres integrantes nas que se reflicte o aumento do importe a pagar por mor do canon, o nacionalista dixo en referencia aos populares que “vostedes están absolutamente deslexitimados para pedir que este goberno cumpra os acordos plenarios” ao non pedir que a Xunta derogue o canon.

Santi Domínguez subliñou que o BNG reclama ao goberno galego que derogue ese novo imposto ao mesmo tempo que lle esixe ao goberno local que presente un estudo de revisión da tarifa da auga. “Pero avisamos de que non nos vale calquera estudo”, destacou. Neste sentido apuntou que ao Bloque non lle servirá un sistema que beneficie aos pisos baleiros ou que grave ás familias con máis integrantes. “Queremos que presenten de inmediato un estudo, pero queremos que beneficie á maioría da cidadanía, ás rendas máis baixas e as familias con máis membros”, destacou.

Finalmente, a moción presentada polo grupo municipal socialista que insta á Xunta a derogar o canon da auga resultou aprobada cos votos a favor de BNG e PSOE, mentres que a proposta presentada polo PP para que o goberno local inicie os trámites de modificación da tarifa resultou aprobada por unanimidade.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: