FEIJÓO AVOGA POR UN MARCO NORMATIVO EUROPEO QUE PERMITA AO SECTOR PESQUEIRO GALEGO COMPETIR EN IGUALDADE “REAL E EFECTIVA”

  Destaca a aposta do Goberno galego por un marco xusto “que garanta a competitividade das nosas empresas fronte ás desigualdades; que xere posibilidades suficientes de abastecemento da produción e que permita configurar un espazo comercial, homoxéneo e equilibrado, que logre que todos os produtos que se comercialicen en Europa cumpran de forma igualitaria o marco e os requisitos que se lle esixen aos produtores europeos”

  • Lembra que actualmente o sector da conserva representa o 3% do PIB galego, cun movemento de máis de 300.000 toneladas e dá traballo a case 12.000 persoas
  • O titular da Xunta e a conselleira do Medio Rural e do Mar fixeron entrega do ditame de Galicia sobre a reforma da PPC ao secretario xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente e ao presidente da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo

 Vigo, 10 de setembro de 2012.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avogou, durante a apertura da IV Conferencia Mundial das Conservas de Peixes e Mariscos, por un marco normativo europeo que permita ao sector pesqueiro galego competir en igualdade “real e efectiva”. “Desde Galicia apostamos dunha forma decidida ante a reforma da Política Común de Pesca. Desde o Goberno galego, despois de pactar con todo o sector do mar, da conserva, do marisqueo e da pesca un documento, defendemos un marco no que non queremos máis que competir en igualdade real e efectiva; en igualdade medida en termos biolóxicos con datos técnicos e, por suposto, acercándose á realidade das rías, dos mares, da flota artesanal, da flota de baixura, da conserva…”. Durante a súa intervención, Feijóo destacou a aposta do Goberno galego por un marco xusto “que garanta a competitividade das nosas empresas fronte ás desigualdades; que xere posibilidades suficientes de abastecemento da produción e que permita configurar un espazo comercial, homoxéneo e equilibrado, é dicir, que logre que todos os produtos que se comercialicen en Europa cumpran de forma igualitaria o marco e os requisitos que se lle esixen aos produtores europeos”. O responsable autonómico destacou a importancia do sector da conserva ata chegar a converterse nun referente fundamental da Galicia do pasado, do presente e do futuro. E, neste senso, lembrou que actualmente este sector representa o 3% do PIB galego, cun movemento de máis de 300.000 toneladas –o 86% de todas as conservas que se moven en España-, que dá traballo a case 12.000 persoas, en 65 empresas e cun aumento das exportacións, que no pasado 2011 subiron case un 10% en volume e un 22% en valor.

 Entrega da proposta galega ante a PPC

O presidente da Xunta e a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, fixeron entrega do ditame de Galicia sobre a reforma da PPC ao secretario xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, Carlos Domínguez, e ao presidente da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, Gabriel Mato. Feijóo reiterou que se trata dun ditame “consensuado con todo o sector, nacido dende a unidade do sector e para o sector” e destacou que o Goberno galego respalda e asume como propio este documento, aprobado polo Consello Galego de Pesca o pasado venres, ao coincidir na práctica totalidade do postulado. O Goberno da Xunta non cesará na defensa dos intereses da flota galega e continuará traballando para que a proposta galega sexa tida en conta en Bruxelas. Neste sentido, o responsable autonómico solicitou o apoio tanto ao secretario xeral de Pesca “para aunar sinerxías e acudir xuntos ante Europa”, como ao presidente da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo. A este último, pediulle “que traslade as demandas de Galicia ao Parlamento Europeo e faga unha fronte común para afianzar as nosas peticións”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: