Archivo | septiembre 11, 2012

Concello de Vigo 11-09-12

O Goberno local buscará fórmulas legais para que os traballadores públicos non perdan capadidade adquisitiva

O alcalde de Vigo convocará o próximo venres 14 de setembro unha reunión co comité de empresa do Concello para “visualizar vías que permitan que o poder adquisitivo dos empregados públicos non se vexa reducido pola decisión de Rajoy” de suprimir a paga extra de decembro. Puntualizou que esta medida non se vai aplicar nin aos cargos públicos nin ao persoal eventual de nomeamento político.

 


20 efectivos traballan na limpeza da praia de Samil na que se detectou o verquido da depuradora

Ao longo do día de hoxe, martes, manterase pechada ao baño a zona de 50 metros a ambos lados da desembocadura do río Lagares na que se detectou un verquido da depuradora debido a un fallo dun tanque de bombeo, que xa foi reparado no día de onte. Tal e como indicou o rexedor, durante todo o día de hoxe seguirán a traballar na limpeza da zona un camión cisterna e uns 20 operarios coa esperanza de que a praia poida estar limpa mañá, mércores.

 


Caballero reclama que o AVE Vigo- Madrid por Cerdedo forme parte da Rede Europea de alta velocidade a partir de 2014

O alcalde de Vigo solicita que o AVE Vigo -Madrid, por Cerdedo, forme parte da rede europea de alta velocidade a partir de 2014. Así llo solicitará por carta á ministra de Fomento, Ana Pastor, tendo en conta que este tramo ten carácter transfronterizo -continuará cara Oporto e Lisboa- “polo que reúne os principais requisitos que esixe Europa” á hora de otorgar fondos. Avanzou que lle vai enviar á responsable de Fomento todos os estudos que avalan esta consideración, co convencemento, dixo, de que “o vai defende en Europa”. O obxectivo é que esta infraesturtura ferroviaria forme parte da rede europea de alta velocidade, tendo en contra, entre outros aspectos que é unha das que conta con maior proxección, ao estar situada nun área de 6 millóns de persoas.

 


O rexedor clausurou a IV Conferencia Mundial das Conservas de Pescado e Marisco

O alcalde de Vigo puxo en valor esta mañá o peso do sector conserveiro en Vigo e en toda Galicia durante a clausura da IV Conferencia Mundial das Conservas de Pescado e Marisco que se organizou no Centro Social Novacaixagalic

A XUNTA FELICITA AOS VIGUESES E VIGUESAS POLO INICIO DAS OBRAS DA EDAR DO LAGARES, NAS QUE INVISTE MÁIS DE 120 MILLÓNS DE EUROS

  •   Estes días estanse a iniciar os traballos previos coa chegada da maquinaria e o valado do perímetro de actuación.
  • A nova EDAR supón a maior inversión en materia hidráulica da historia de Galicia que dará servizo a máis de 800.000 habitantes.

Vigo, 11 de setembro de 2012.- A Xunta de Galicia quere felicitar a todos os vigueses e viguesas polo inicio das obras da nova EDAR do Lagares, nas que o Goberno autonómico achega todo o cofinanciamento con fondos propios e cuxo investimento supera os 120 millóns de euros.

Hai que lembrar que o 2 de Agosto do ano 2010 asinouse o convenio entre a sociedade estatal Acuanorte, a Xunta de Galicia a través de Augas de Galicia e o Concello de Vigo, para a execución das obras da EDAR de Vigo. Neste convenio acordase o seguinte esquema de financiamente. Leer Más…

XORNADAS TÉCNICAS SOBRE ALTERNATIV​AS FINANCEIRA​S PARA AS PEMES EN OURENSE, A CORUÑA E VIGO

A través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Consellería de Economía está a organizar as xorndas técnicas sobre Alternativas financeiras para as pemes, que se desenvolverán en Ourense, o próximo 13 de setembro; na Coruña, o día 18; e en Vigo, o día 25 de setembro: O obxectivo destas xornadas técnicas é achegar ás empresas galegas claves para procurar resolver as súas dificultades para acceder a financiamento.

Máis información e inscrición
www.igape.es

Deputación crea Coordinado​ra de 11 Concellos de Interés Turístico

Buscan planificar actividades, coordinarse, dar un salto de calidade, ofrecer servizos máis eficientes e aforrar costes. O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, acordou con once alcaldes de concellos turísticos a creación dunha Comisión Provincial Coordinadora de Concellos de Interés Turístico de Pontevedra.

Según explicou Louzán en rolda d Leer Más…

FESTIVAL INTERNACIO​NAL FESTAS DO CRISTO 2012, CLUB FURAVENTOS PORRIÑO

Os vindeiros venres 14, sábado 15 e domingo 16 o Club Furaventos do Porriño celebra o seo XXIX Festival Internacional Festas do Cristo 2012 que contará coa seguinte programación:
-Venres: de 10.00 a 12.00h da mañá presentación e exposición de modelos de avión a escala na praza do concello do Porriño, con agasallos de pequenos avións para os nenos e nenas. Leer Más…

JAVIER GUERRA DESTACA O ESFORZO COMPETITIV​O DO SECTOR DA AUTOMOCIÓN GALEGO A PROL DA MELLORA CONTINUA DA CALIDADE E MÁIS DA INNOVACIÓN

 O conselleiro de Economía e Industria mantivo un encontro cos responsables da empresa Viza Automoción, de Porriño, unha compañía que emprega en Galicia a máis de 400 traballadores

Javier Guerra destacou a aposta desta compañía a prol de internacionalización para asegurar o presente e impulsar o futuro desta empresa que traballa para as marcas máis importantes de automóbiles

Atletas Atravessam Fronteira Portugal Espanha a Nado

 

O Rio Minho vai ser palco da 2ª Travessia a Nado da Eurocidade, com a distância de 900 metros, entre Valença e Tui, Sábado, 15 de Setembro. Esperam-se mais de uma centena de participantes, portugueses e espanhóis, nesta segunda prova internacional. Leer Más…

ROSA QUINTANA: “O SECTOR DEMÁNDANOS UNIDADE ANTE BRUXELAS PORQUE É A CLAVE PARA CONSEGUIR BOS RESULTADOS​”

A conselleira do Medio Rural e do Mar salienta a fortaleza que transmite a visión unitaria de Galicia no ditame ante a proposta da reforma da Política Pesqueira Común e lembra que esta unión é un marchamo de éxito no seo da Unión Europea.

A XUNTA REMATA AS OBRAS DE AMPLIACIÓN DO COMEDOR DO CEIP ILLAS CÍES, CUNHA SUPERFICIE DE 170 M2 PARA ATENDER A UNS 150 ALUMNOS

  • Cun investimento superior aos 136.000 euros, a actuación pasa polo acondicionamento do local da planta baixa do centro educativo.
  • A nova instalación entra en funcionamento para o novo curso escolar.
  • Tamén entrarán en servizo os restantes comedores escolares que durante este verán estiveron en obras. Leer Más…

Taller de ábaco ALOHA en FNAC

   Los próximos días 14, 15 y 16 de septiembre el ábaco se convierte en protagonista de las actividades del Club Fnac Junior de los centros FNAC. El programa de desarrollo mental ALOHA Mental Arithmetic realizará en estos centros un taller de ábaco para que los más pequeños aprendan a utilizar esta
herramienta de cálculo milenaria. Los talleres se desarrollaran en 22 centros FNAC de toda la península y están enfocados a niños de entre 5 y 13 años. El objetivo de los mismos es demostrar a los padres, pero también a los niños, que el cálculo es una actividad divertida e interesante. Se espera  que  muchos niños participen en estas actividades , en las que se desarrollaran no sólo actividades con
el ábaco, sino también otras que permiten desarrollar la atención y la agilidad mental, como los test de velocidad, flashcards, juegos de concentración, ejercicios de memoria visual, e incluso bailes de
coordinación. Concretamente en FNAC A Coruña tendrá lugar el viernes 14 de septiembre a
las 18:00 y el 15 de septiembre a las 12:00 y a las 18:00