Archive | septiembre 20, 2012

Concello de Vigo

Unha segunda sentenza xudicial avala o proceso da Oferta Pública de Emprego promovida polo Concello Abel Caballero avanzou hoxe xoves o fallo do Xuzdado do Contencioso número 2 de Vigo que avala o proceso da Oferta Pública de Emprego 2008 promovida polo Concello. Esta sentenza únese a outra que o pasado 1 de xuño desestimaba un recurso de CCOO contra a designación dos órganos de selección dos tribunais.

Caballero di que a aprendizaxe de idiomas é “o mellor legado” para o alumnado de Vigo O alcalde asistiu este xoves ao aeroporto de Vigo para despedir a 102 alumnos vigueses de Secundaria que parten a Inglaterra para mellorar o idioma, cunha achega do Concello de Vigo. En total, Caballero agarda superar o medio centenar de beneficiarios dunha bolsa do Concello para estudos no estranxeiro.

Os británicos Verónica Falls actúan o domingo no Auditorio Municipal pechando o festival Sinsal X A Concellería de Cultura e Festas participa no festival Sinsal X coa organización do concerto de clausura a cargo de Veronica Falls, o próximo domingo 30 de setembro ás 21h, no Auditorio Municipal do Concello. As entradas poranse á venda, de forma anticipada, mañán venres 21 no servizo de Servinova, a un prezo único de 8€.

JESÚS VÁZQUEZ: “LA EDUCACIÓN SE LLEVA YA UNO DE CADA CUATRO EUROS DEL PRESUPUESTO DE GALICIA, PESE A LO QUE SE DICE DE LOS RECORTES

·         El conselleiro de Educación participó en un acto ante un centenar de personas en el que explicó todo lo que su departamento ha realizado en tres años y medio,“en que se han hecho muchas cosas pese a los malos tiempos económicos en los que vivimos”.

·       Los candidatos del PP por Vigo y conselleiros de Industria, Javier Guerra, y de Hacienda, Elena Muñoz, asistieron al encuentro con el responsable de Educación, que presentó el presidente local del partido, José Manuel Figueroa.

·       El conselleiro aseguró que “en Vigo es una prioridad para la Xunta la reconstrucción del colegio Altamar” y destacó la congelación de las tasas en las universidades públicas gallegas.

A XUNTA DE GALICIA MENTE E ENGANA Á CIDADANÍA E PROFESIONAIS TRAS ENTREGAR O NOVO

  A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da área de Vigo – SOS SANIDADE PUBLICA demostra documentalmente que todo o que vén afirmando acerca da redución do tamaño, superficie, volume construído, desaparición de servizos e instalacións e a diminución da calidade dos materiais, é certo.  E todas estas diminucións que pretenden, por unha banda garantir o statu quo do negocio sanitario de POVISA, e por outra reducir moi notablemente o investimento empresarial, NON SE ACOMPAÑAN das correspondentes rebaixas no canon que o SERGAS pagará durante 20 anos á empresa. Demóstrase así que a empresa concesionaria, o SERGAS, a Conselleira de Sanidade e o propio presidente da Xunta menten e enganan -unha vez máis tras as mentiras acerca do financiamento- á cidadanía da comarca viguesa e ao colectivo profesional respecto dunha vital e moi demandada infraestrutura para unha correcta atención da saúde. Os defensores da sanidade publica de Vigo fixemos un laborioso e prolongado seguimento do devir do NHV coa colaboración de diferentes equipos técnicos e expertos en sanidade, seguimento que debeu sortear as dificultades interpostas polo SERGAS e a empresa concesionaria co ánimo de ocultar o que os medios, profesionais e a cidadanía xa sospeitan: que o Novo Hospital de Vigo non se axusta ao deseño orixinal aprobado e sofre unha importante redución que o fan xa insuficiente para atender as necesidades actuais dunha poboación de 600 mil habitantes. Coa enorme cantidade de datos que manexamos elaboramos un estudo técnico encamiñado a detectar e a documentar as determinantes diferenzas que existen entre o proxecto orixinal, o licitado e o proxecto construtivo ou de execución. Non só é posible senón altamente probable, que se estean materializando diferenzas das que aínda non temos probas documentais. Nas liñas que seguen destácanse as principais diferenzas dunha enorme lista que tempo haberá para publicitar, aínda que moitas delas refírense a aspectos moi técnicos como son os relativos á calidade dos materiais e das instalacións, que evolucionan á baixa e teñen unha enorme repercusión nos custos (e xa que logo na marxe de beneficios) dadas as dimensións do NHV.

XUNTA APROBA DEFINITIVA​MENTE O PROXECTO SECTORIAL DA ZONA DE USOS RECREATIVO​S DA ETEA QUE PERMITIRÁ A POSTA Á DISPOSICIÓ​N DOS VECIÑOS DE PRETO DE 8.000 M2 DESTINADOS A OCIO, DEPORTE E DESFRITE DO LITORAL

  •    O proxecto sectorial enmárcase no Plan Sectorial da ETEA que foi aprobado definitivamente no Consello da Xunta do pasado 23 de febreiro, cuxo ámbito total ocupa 115.000m2
  • As alegacións presentadas durante a exposición pública que propoñían melloras no contido do proxecto foron introducidas no documento.  
  • A aprobación do proxecto sectorial permitirá avanzar tamén no proceso de licitación, que se levou a cabo de forma paralela para axilizar os trámites e gañar tempo de cara á execución da obra
  • Este mesmo mes procederase á adxudicación dos traballos, que se iniciarán de xeito inmediato cun investimento que ascende a 800.000 euros Leer Más…

BRAVO BOSCH RECIBIU AO EMBAIXADOR DE PERÚ EN ESPAÑA, co QUE TRATOU POSIBLES ACTUACIÓNS NO ÁMBITO DO INTERCAMBIO EDUCATIVO

  •   Francisco Eguiguren Praeli realizou unha visita institucional á Delegación Territorial da Xunta en Vigo.

Vigo, 20 de setembro de 2012.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, recibiu esta tarde na Delegación Territorial ao embaixador de Perú en España, Francisco Eguiguren Praeli, para analizar posibles actuacións e achegar posturas no ámbito do intercambio educativo con estudantes das universidades latinoamericanas. Leer Más…

Novacaixag​alicia sobe ao escenario a Enrique San Francisco

Novacaixagalicia estrea Quérense, unha comedia que chega ás cidades de Vigo e Pontevedra os días 21 e 22 de setembro, respectivamente. A hora de celebración en ambas urbes é ás 20.30 h. En Vigo celebrarase no Teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia, e en Pontevedra, no auditorio do seu Centro Social.

O CONSORCIO DO CASCO VELLO DE VIGO, NO QUE A XUNTA PARTICIPA CO 90% DO CAPITAL, CONTINUARÁ O SEU LABOR DE REHABILITA​CIÓN DURANTE OS PRÓXIMOS CINCO ANOS

  • A Xunta continuará tendo o 90 por cento do capital deste organismo, mentres o 10 por cento restante corresponde ao concello de Vigo
  • Esta repartición correspóndese coas achegas de ambos os organismos ao capital do Consorcio, que foron 27 millóns de euros no caso do IGVS e tres millóns de euros do Concello
  • Establécese a obriga de reinvestir na zona vella os ingresos que se obteñan da explotación ou venda dos edificios que rehabilite
  • O destino preferente dos edificios serán as vivendas protexidas e o presidente será un representante da Xunta de Galicia
  • Na actualidade o Consorcio do Casco Vello de Vigo é propietario de 54 inmobles, dos que 15 xa están rehabilitados e nos que se obtiveron 52 vivendas e 13 locais comerciais
  • Ademais están en execución as obras de rehabilitación doutros 20 inmobles en ruínas no contorno do Castelo de San Sebastián -na parte alta do barrio antigo- que posibilitará a creación de 30 novas vivendas e 7 locais comerciais

ECONOMÍA E INDUSTRIA IMPULSA O EMPRENDEME​NTO NO SECTOR DA BIOTECNOLÓ​XÍA CO PROGRAMA BIOEMPREND​E

O director do Instituto Galego de Promoción Económica presentou en Braga os resultados acadados por este programa europeo transfronteirizo liderado polo Igape

§Máis de 250 emprendedores e empresas participaron nos talleres especializados en xestión de empresas biotecnolóxicas

35 bioemprendedores de Galicia e do Norte de Portugal recibiron asesoramento para trasladar ao mercado as súas ideas

Valença Põem Famílias a Pedalar – Portugal

  A Câmara Municipal de Valença promove a iniciativa “Pedalar em Família”, na Ecopista do Rio Minho, domingo, 23 de Setembro, às 9h30, com saída do Centro de Interpretação, na Ponte Seca, em Valença.

Esta atividade pretende estimular a prática desportiva e o lazer, em família, incentivando os pais a levarem os mais novos a descobrirem a Ecopista e, em família  estimular a criação de hábitos de vida saudáveis. Leer Más…

Xornada sobre discapacid​ade e integració​n no medio rural en Mos

  UN CENTENAR DE PERSOAS REFLEXIONARÁN O SÁBADO EN MOS SOBRE A INTEGRACIÓN DOS DISCAPACITADOS NO MEDIO RURAL, NUNHA XORNADA TÉCNICA ORGANIZADA POR AGDR
As conclusións serán trasladadas a un congreso europeo do programa Leader, que servirá de base para optar a fondos de axuda no período 2014-2020
Na organización da xornada colaboran a Deputación Provincial e o Concello de Mos Leer Más…