Archivo | septiembre 24, 2012

Concello de Vigo

O Concello pide á Deputación investimentos en Vigo en materia deportiva, cultural e viaria Sendas mocións debatidas e aprobadas no Pleno vigués deste luns reclaman á Deputación de Pontevedra que atenda á cidade de Vigo e acometa investimentos nesta en materia deportiva, cultural e de infraestructuras viarias. Os acordos foron presentados polos socialistas e sairon adiante co apoio nacionalista e a negativa do PP.
O Pleno esixe da Xunta de Galicia que garanta unha educación pública “de calidade” A Corporación aprobou este luns demandar do goberno autonómico que elimine a concentración de alumnado de Infantil co de Primaria e que dote aos centros de persoal e recursos para “garantir unha educación pública de calidade”, particularmente na atención ao alumnado con necesidades especiais. O texto tamén solicita anular a subida do IVE ao material escolar.
A unanimidade do Pleno aproba axilizar os trámites para a obtención das tarxetas de pensionista do Vitrasa PP, PSOE e BNG acordaron esta mañá dar luz verde a unha moción popular na que solicita axilizar os trámites para a obtención das tarxetas de pensionistas para o transporte urbano. O texto aprobouse cunha engádega do BNG na liña de buscar fórmulas que permitan aos colectivos máis desfavorecidos obter reducccións de tarifas.

“Vine, vi… y hablé! Faladoiro con María Xosé Porteiro A concellería de Igualdade programa para o martes 25 de setembro un faladoiro con María Xosé Porteiro sobre o seu libro “Vine,vi y….hablé. Las mujeres frente as discurso político”. O acto terá lugar ás 19 horas no Centro de Documentación e Recursos Feminsitas de Vigo. No faladoiro ademais da autora , tamén participará Llerena Perozo, formadora en comunicación presencial con enfoque de xénero.

Xoel López, Javier Gurruchaga​, Yolanda Castaño o Susana Seivane, entre los invitados a la Gala Solidaria “A Coruña, Cidade sen fronteiras​” que se celebrará el viernes 28 en el Teatro Colón

  A Coruña sen  Fronteiras es una Campaña de Médicos sin Fronteras que pretende invitar a la   sociedad gallega a recorrer una ruta sin fronteras para la  acción humanitaria.

El programa de  actividades, que incluye mesas redondas, exposiciones,   cine documental o actividades infantiles, entre otras, se  completa con una Gala Solidaria organizada en     colaboración con la asociación Acordes por la Paz,   que tendrá lugar este viernes 28 de septiembre a   las 21.00 horas en el Teatro Colón.

En esta Gala, que estará     conducida por Yolanda Castaño y  el showman Javier Gurruchaga participan en   el plano musical el propio Gurruchaga, Xoel López,     la gaiteira Susana Seivane, el grupo de     música medieval DOA, la  cantautora Silvia Penide, el grupo de    rock primitivo Extrema Urgencia     y el monologuista Avelino González, que      colaboran altruistamente con ambas asociaciones.

El precio de la entrada es              de 8 euros y la recaudación íntegra se              destinará al Fondo de Emergencias de Médicos Sin                Fronteras.

Mariñeiros/as galegos/as concéntranse diante da Axencia Europea de Pesca para reclamar un novo acordo pesqueiro con Mauritania

Na protesta convocada pola CIG en Vigo tamén se denunciou que 54 días despois da abandonar o caladoiro as axudas seguen sen chegar

Máis dun cento de mariñeiros/as que faenaban en augas mauritanas concentráronse hoxe diante da Axencia Comunitaria de Control da Pesca en Vigo para reclamar un novo acordo pesqueiro que lles permita regresar ao traballo en augas do país magrebí. Durante a protesta, convocada pola CIG, tamén se denunciou a tardanza coa que se están a tramitar as axudas, tendo en conta que 54 días despois de que os cefalopodeiros galegos tivesen que abandonar o caladoiro aínda non foron publicadas no Boletín Oficial do Estado. Leer Más…

ROSA QUINTANA REPRESENTA​RÁ MAÑÁ ÁS COMUNIDADE​S ESPAÑOLAS NO CONSELLO DE MINISTROS DE PESCA EN BRUXELAS

Santiago, 24 de setembro de 2012.- A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, representará mañá no Consello de Ministros de Pesca que se celebrará en Bruxelas ás comunidades españolas en materia pesqueira. Entre os temas que serán obxecto de debate nesta xuntanza destacan o protocolo de pesca entre a Unión Europea e Mauritania, o futuro Fondo Europeo Marítimo e Pesqueiro (FEMP), e as negociacións con Feroe e Islandia en relación á cota da cabala. Leer Más…

Non quedes sen dereitos por falta de informació​n! – Oficina Dereitos Sociais

Recordamos que está aberto o punto de información sobre dereitos  sociais de Coia e que cada día sobran máis razóns para buscar solucións  colectivas ante a falta de recursos xeneralizada.Dende a ODS-Coia ofrecemos información sobre prestacións sociais  (RISGA, Pensión Non Contributivas, Axudas de Emerxencia, etc.), como  preparar as entrevistas coas traballadoras sociais, documentación e  requisitos destas prestacións…

E todo coa idea de visualizar a dor que provoca o capitalismo e de  artellar respostas colectivas que nos permitan sobrevivir cunha mínima  dignidade.

Lembramos que estamos todos os luns de 17h00 a 19h00 nos locais da  parroquia do Cristo da Victoria de Coia (Baiona 9) e que tamén podedes  contactar con nós no email: dereitossociais@gmail.com e no móbil 696618732

+info: http://odscoia.arkipelagos.net/content/non-te-quedes-sen-dereitos-por-falta-de-informaci%C3%B3n

Pleno Municipal BNG -Vigo

  O Bloque insta ao goberno local e á Deputación a que impulsen a rede museística e denuncia a incoherencia do PP 

Vigo, 24 de setembro de 2012.- O grupo municipal do BNG deu o seu apoio a dúas mocións sobre a necesidade de mellorar a rede museística viguesa presentadas polo PSOE e polo PP por “coherencia política”, segundo destacou o portavoz municipal do BNG, Santi Domínguez. Pola contra, criticou a incoherencia dos populares que rexeitaron unha iniciativa para que a Deputación invista nos museos vigueses mentres presentaron unha moción para que o goberno local planifique a actividade cultural da cidade. Leer Más…

PÁDEL, PATINAJE, ANIMACIÓN DE CALLE, BAILE Y MÚSICA MAÑANA MARTES EN PORRIÑO

 Enmarcado en la programación de las Fiestas del Cristo 2012
Tras el fin de semana grande de las Fiestas del Cristo 2012, la programación continúa mañana, si la climatología lo permite, con mucho deporte, además de música tradicional y baile de salón a cargo del grupo Nosa Terra de Pereiras y del Club Pasos

Abierta la inscripción para participar en los torneos de dominó y de tute

Concerto da Orchestre de Chambre de Toulouse en Novacaixag​alicia

As cidades de Vigo e Pontevedra acollerán a semana vindeira cadanseu concerto ofrecido pola Orchestre de Chambre de Toulouse. En Vigo, no teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia, poderase gozar do talento desta singular agrupación o martes 2 de outubro ás 20:30 h, e ao día seguinte, martes 3 de outubro, en Pontevedra, o Centro Social Novacaixagalicia abrirá as súas portas tamén ás 20:30 h.

NNXX arranca hoxe cos foros Falamos cos que busca compartir ideas e abordar propostas cos mozos e mozas galegos

Estes foros súmanse aos encontros que NNXX mantivo en diversos puntos da xeografía galega para recabar propostas que incorporar ao programa do PPdeG.

  • O foro de hoxe, celebrado na Coruña, é o primeiro dunha ducia deles que se repartirán entre as distintos campus das universidades galegas e nas cabeceiras de grandes comarcas, como Vilagarcía ou Noia Leer Más…

BRAVO BOSCH COÑECEU HOXE A FUNDACIÓN BALMS PARA A INFANCIA, QUE REALIZA PROXECTOS DIRIXIDOS A PROTECCIÓN DOS NENOS E NENAS

A delegada territorial da Xunta en Vigo recoñeceu a labor de promoción e protección dos dereitos da infancia que realizan dende o colectivo.

  • Bravo Bosch destacou que o número de solicitudes de adopcións internacionais presentadas na Comunidade Autónoma durante o período 2000-2011 é de 4.902.  Leer Más…