A XUNTA ADXUDICARÁ EN BREVE AS OBRAS DE SANEAMENTO EN SANTO ESTEVO DE BUDIÑO, QUE SOLUCIONAR​ÁN OS PROBLEMAS DE VERTIDOS DE VIVENDAS E NAVES INDUSTRIAI​S DO PORRIÑO E SALCEDA DE CASELAS

Esta actuación súmase á obra de colectores secundarios no Porriño para a conexión ao sistema xeral do Louro que rematará este outono e ten un investimento de máis de 1,6 millóns de euros

  • Construirase unha rede de colectores conectará a parroquia de Santo Estevo de Budiño, en Salceda de Caselas, e un núcleo de poboación e unhas naves industriais situadas nas inmediacións da estrada N-550, no concello de Porriño
  • A Consellería de Medio Ambiente, en colaboración co Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, traballa na mellora da conservación dos hábitats e das especies presentes no Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) de Gándaras de Budiño
  • No LIC, ata o momento, executáronse traballos de despexe e desbroce da vexetación existente así como toma de mostras de recheos

 

O Porriño (Pontevedra), 28 de setembro de 2012.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, visitou hoxe a localidade do Porriño, onde se reuniu co seu alcalde, Nelson Santos, ao que lle confirmou que nas vindeiras semanas Augas de Galicia adxudicará as obras de saneamento na parroquia de Santo Estevo de Budiño, no Concello de Salceda de Caselas, que solucionará os problemas de vertidos de vivendas e naves industriais de Porriño e Salceda de Caselas. A Xunta, a través de Augas de Galicia, executa este proxecto hidráulico cuxo orzamento ascende a máis de 1,5 millóns de euros.

A rede de colectores conectará a parroquia de Santo Estevo de Budiño, en Salceda de Caselas, e un núcleo de poboación e unhas naves industriais situadas nas inmediacións da estrada N-550, no concello de Porriño.

A rede proxectada permitirá recoller os vertidos das vivendas e naves industriais da zona. Os colectores conectarán co colector interceptor xeral do río Louro Tramo I, Cerquido – EDAR de Guillarei, que levará as augas ata a EDAR de Guillarei. Executarase unha rede de colectores por gravidade de PVC: un colector principal dividido en tres tramos diferenciados; e colectores secundarios.

Esta actuación súmase á que na actualidade se está a executar: os colectores secundarios no Porriño para a conexión ao sistema xeral do Louro, que foi licitado por un importe de case dous millóns de euros. O obxectivo é ir aumentando a poboación conectada ao Sistema de Saneamento do Louro e por tanto á estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Guillarei, que dá servizo, entre outros, ao Concello do Porriño.

Así, as obras que se rematarán este mesmo outono conectarán os actuais saneamentos do Porriño aos colectores xerais que levan as residuais á devandita EDAR. Para darlles continuidade, a actuación que se vai adxudicar consiste na execución de novos colectores que completen a rede de saneamento, principalmente na parroquia de Budiño, servindo unha poboación de 1.669 habitantes.

As obras previstas repártense en 5 zonas: estrada de Salvaterra, Polígono da Granxa, Orbenlle, Aliviadoiro de Pego e Torneiros. Destas, as de Orbenlle e Polígono da Granxa precisarán da instalación de bombeos

Na estrada de Salvaterra (PO-510) executaranse 3.500 metros de colectores en tubo de PVC de diámetros entre 315 e 530 mm que se conectarán á rede do Polígono da Granxa.

No Polígono da Granxa, a rede de saneamento conta con dous pozos de bombeo que levan as residuais a unha depuradora situada ao este. Proxéctase suprimir o bombeo da zona norte e renovar o da zona sur da rede actual do polígono, conectando ambas zonas a sendos pozos do colector industrial da Granxa. Tras demoler o bombeo norte, executaranse 64 metros de colector. O bombeo sur será demolido e executado de novo, cunha arqueta previa de desbaste.

En Orbenlle, instalaranse 1.494 metros de colector, sendo preciso un bombeo prefabricado. Este treito verterá ao colector industrial das Gándaras a través dunha futura rede a executar polo Concello do Porriño.

A conexión ao aliviadoiro de Pego pretende evitar que os vertidos de residuais cheguen ao interceptor de Cans sen pasar por ningunha estrutura de alivio. A conexión ao sistema de Louro farase na arqueta de entrada ao aliviadoiro, inicio do interceptor de Cans.

En Torneiros executaranse 136 metros de tubo de PVC para conectar as dúas redes existentes ao colector de Torneiros, do sistema do Louro.

LIC Gándaras de Budiño

A Consellería de Medio Ambiente, en colaboración co Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, traballa nun proxecto da mellora do estado de conservación dos hábitats e das especies presentes no Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) de Gándaras de Budiño. Este proxecto contempla medidas de control e mellora do réxime hídrico e a calidade das augas, de minimización dos efectos dos usos industriais lindantes e de rexeneración dos bosques de ribeira e da calidade dos hábitats das especies catalogadas presentes na área. O investimento nesta actuación é de 1,3 millóns de euros, cun 70% de financiamento de fondos Feder.

Ata o momento executáronse traballos de despexe e desbroce da vexetación existente, toma de mostras de recheos para estudar unha posible contaminación por residuos tóxicos e perigosos. Os resultaron deron negativo, descartando residuos contaminantes tóxicos ou perigosos nas zonas de baleirado. Polo tanto, serán xestionados como residuos inertes. Tamén se realizou un replanteo completo da obra mediante levantamento topográfico de todas as zonas da actuación.

Na actualidade os traballos céntranse en dous núcleos: en Braña do Arroio, apeo de arborado, desbroce e acondicionamento de acceso ao interior da lagoa para posterior execución de boquillas de descarga; e en Campa do Rei, escavación para baleirado de sedimentos, replanteo de sendas peonís en toda a superficie de actuación.

Esta actuación no LIC das Gándaras de Budiño é unha das que está incluída no convenio asinado entre a Xunta e o Ministerio para actuacións en Rede Natura 2000, con cofinanciamento europeo FEDER. Este programa ten un orzamento de 20,9 millóns de euros, dos que o Goberno Galego achega 4 millóns.

O LIC das Gándaras de Budiño é un dos humedais interiores de maior interese en Galicia, xunto ás ribeiras do río Louro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: