Concello de Vigo

As escolas infantís de Tomás Alonso e Casiano Martínez abren as súas portas con xornadas de portas abertas A concelleira de Educación avanzou esta mañá a apertura das escolas infantís de Tomás Alonso e Casiano Martínez, con 144 novas prazas con xornadas de portas abertas para que alumnos e pais se familiaricen coas instalacións. Deste xeito, increméntase nun 50% as 300 vacantes que existían ata o de agora na cidade para nenos de 0 a 3 anos.

O Concello confía na rápida apertura da aula de Vigo tras consensuala co padroado da UNED A concelleira de Educación, Raquel Díaz, anunciou este venres o acordo acadado onte co centro asociado da UNED en Pontevedra para a apertura dunha aula en Vigo, no Casco Vello. Díaz resaltou o “interese e a disposición” do goberno local, que financia íntegramente o seu custe, e agarda que a apertura sexa “nun prazo breve”.

Vigozoo presenta unha programación de educación medioambiental renovada, permanente e dirixida a todos os públicos A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, fixo este venres balance da campaña 2011-2012 en Vigozoo e presentou a programación de actividades educativas para a vindeira tempada 2012-13, na que se incorporan como novidade para os mais pequenos o Club de Amigos e Amigas de Vigozoo, cunha programación estable para todo o ano, e para os adultos, a Aula de formación medioambiental, dirixida tanto ao Voluntariado de Camiño a Camiño como a cidadanía en xeral.

Igualdade inicia unha campaña sobre a saúde desde a perspectiva de xénero A Concellería de Igualdade organiza unha campaña formativa de carácter gratuíto sobre a saúde desde a perspectiva de xénero,co fin de analizar o “xénero” como elemento determinante na saúde das mulleres e nenas.

Ciclo de charlas sobre a representación feminina nas creacións literarias No marco das actuacións do IV Plan integral de igualdade de oportunidades de mulleres e homes do Concello de Vigo, o Centro de Documentación e Recursos Feministas organiza o CICLO DE CHARLAS “A REPRESENTACIÓN FEMININA EN DIFERENTES CREACIÓNS LITERARIAS”. O ciclo terá lugar todos os martes do mes de outubro

Charla sobre toponimia Na AVCD Lavadores (Ramón Nieto, 302), o xoves 4 de outubro, ás 18:30 h, charla sobre a toponimia de Lavadores por Iván Sestay, autor do libro Toponimia do Val do Fragoso 2. Lavadores
Proceso selectivo para a provisión de funcionario interino A Xunta Reitora do Organismo Autónomo Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, na súa sesión de 20 de setembro de 2012, aprobou  a Convocatoria e as Bases rectoras do proceso selectivo para a provisión de funcionario interino, na modalidade de plans e programas, para a docencia transitoria de Moda e Confección e Debuxo Artístico na Escola Municipal de Artes e Oficios.
Pechada ao tráfico a rúa PANAMA, treito entre as rúas Bolivia e Nicaragua Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de REPARACION CANALIZACION SANEAMENTO NA RUA PANAMA, a realizar pola empresa Aqualia Gestion Integral Del Agua S A , estará pechada ao tráfico a rúa PANAMA, treito entre as rúas Bolivia e Nicaragua, con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 01/10/2012 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: