VINTE FINALISTAS COMPITEN NA MODALIDADE DE ARTES PLÁSTICAS DO CERTAME XUVENTUDE CREA PARA OPTAR A UN PREMIO MÁXIMO DE 3.000 EUROS
- O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, inauguraron hoxe na Igrexa da Universidade de Santiago a exposición
- O segundo premio recibirá 1.500 euros, e os terceiros obterán 1.000 euros
- No acto tamén se deron a coñecer os gañadores das especialidades de grafitti, teatro e música
- Na edición deste ano do certame Xuventude Crea participan máis de 300 mozos e mozas en 11 especialidades artísticas diferentes Leer más…
Xunta persoal servizos periféricos Estado de Pontevedra.
Vimos de coñecer a través dos medios de comunicación que a Universidade de Vigo asume a dirección técnica do Laboratorio de Referencia de Biotoxinas Mariñas, instalado hai un ano no edificio CITEXVI no CUVI, a través da profesora de Química Analítica Ana Gago.
Segundo a información publicada, Secretaria Xeral de Sanidade e Consumo, Pilar Farjas, dá por culminada unha primeira fase na que se convirte o centro “nun dos 44 de referencia que ten a Unión Europea e un dos 26 que xa ratificou o nivel de excelencia na última auditoría”. O encargo da dirección científica significa, tal e como manifestou Farjas, contar «co soporte de investigación, innovación e coñecemento da Universidade» Leer más…
BNG de Vigo
Domínguez: “Hoxe quedou claro que nin PP nin PSOE apostan pola chegada do AVE a Vigo no máis breve tempo posible”
Vigo, 31 de outubro de 2012.-O portavoz municipal do BNG criticou este mércores que “nin PP nin PSOE apostan pola chegada do AVE a Vigo no máis breve tempo posible”. Asegurouno Santi Domínguez despois de que o PP presentara como urxente unha moción na que solicitaba o respaldo da corporación para apoiar os investimentos previstos polo ministerio de Fomento nos Orzamentos Xerais do Estado para a chegada do AVE a Galiza e que rexeitara unha emenda do BNG a esta proposta. Leer más…
A DEPUTACIÓN DESTINA 239.979,64 EUROS Á CONSTRUCIÓN DO CAMPO DE FÚTBOL DE CÉSPEDE ARTIFICIAL DE SANTA MARIÑA EN REDONDELA
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acordou hoxe aprobar o Convenio de Colaboración entre a institución provincial e o Concello de Redondela para levar a cabo o investimento “Infraestrutura básica necesaria para a posterior instalación de herba sintética no complexo deportivo de Santa Mariña en Redondela”.
O investimento necesario para a realización das mencionadas obras serán financiados pola Deputación de Pontevedra por un importe de 239.979,64 euros e polo Concello cunha cantidade similar.
O actual campo do Choco xa fora remodelado pola Deputación fai dez anos. Agora, nunha primeira fase, construiránse dous campos de fútbol 11 e catro de fútbol 7 e, nunha segunda, construiránse gradarios, vestiarios e outras dependencias.
O Concello de Redondela é titular das instalacións deportivas de Santa Mariña que presentan unha serie de deficiencias que impiden a súa utilización de xeito normal, necesitando unha profunda remodelación, tanto no terreo de xogo como nos elementos complementarios.
A XUNTA REGULA A ACTIVIDADE DOS FURANCHOS NUN DECRETO QUE PRESERVA UNHA TRADICIÓN RURAL DE GALICIA AO TEMPO QUE EVITA A COMPETENCIA DESLEAL E PROTEXE OS DEREITOS DOS CONSUMIDORES
O presidente en funcións do Goberno galego resalta que a norma é “o resumo de moitas horas de traballo, de moitas xuntanzas co sector dos furanchos e co sector da hostalería” e reúne os grandes puntos de acordo entre as partes
- Alberto Núñez Feijóo destaca que o texto “dota dunha normativa clara aos establecementos tradicionais de Galicia” e establece “un panorama máis claro” sobre as condicións que deben cumprir a todos os niveis
- Lembra que a base dos furanchos é a venda do excedente da colleita de viño, polo que os seus propietarios deberán cumprir con todas as declaracións propias do sector vitivinícola de Galicia
- O decreto establece que o viño non poderá ser embotellado, deberá proceder directamente do barril, e poderá ofertarse un máximo de cinco tapas por establecemento
- Os furanchos poderán abrir, como moito, tres meses entre o 1 de decembro e o 30 de xuño e deberán cumprir con toda a normativa hixiénica e sanitaria en vigor
- Os concellos deberán crear un rexistro de furanchos e velar polo cumprimento dos requisitos do decreto Leer más…
Comienza e VII Festival Catropezas de Teatro Ensalle
LLEGA NOVIEMBRE
LLEGA EL CATROPEZAS
POR SÉPTIMO AÑO CONSECUTIVO TEATRO ENSALLE CONVIERTE NOVIEMBRE EN EL MES DE LA DANZA EN VIGO
LAS IMPREGNACIONES EN LA SRTA NIEVE Y GUITARRA DE MÓNICA VALENCIANO ABRIRÁN EL FESTIVAL Leer más…
BRAVO BOSCH LOUBA O TRABALLO FORMATIVO QUE FEAFES REALIZA PARA LOGRAR A INSERCIÓN LABORAL DOS SEUS USUARIOS E USUARIAS
A delegada territorial da Xunta en Vigo visitou esta mañá a sede que a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental ten na cidade.
- A Consellería de Traballo e Benestar financia un proxecto de apoio formativo para lograr a inserción laboral de 15 persoas con enfermidade mental a través do II Plan Galego de Inclusión Social.
Vigo, 31 de outubro de 2012.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá a sede que a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental-Feafes ten na cidade olívica co obxectivo de coñecer os seus proxectos e o traballo que realizan diariamente. Leer más…
SALCEDA REFORMARÁ O AUDITORIO MUNICIPAL
Melloraranse os sistemas de seguridade e a accesibilidade para discapacitados
O Concello de Salceda de Caselas, ao traverso da Concellaría de Cultura que dirixe Teresa Pérez, vai levar a cabo obras de reforma no Auditorio Municipal. Fundamentalmente trátase de adaptar o edificio ás normas de seguridade. Para iso abrirase unha nova porta de emerxencia dende o salón de actos que dará directamente ao exterior do edificio, sen pasar polos corredores, posibilitando así unha máis rápida evacuación en caso de incendio ou de calquera outro incidente. Ademais vaise proceder ao cambio de tódalas barandillas existentes tanto no hall como na rampla de acceso ao edificio, pois estas tampouco cumpren a normativa de seguridade ao ser “escalables”, supoñendo así un perigo fundamentalmente para os cativos que se divirten subíndose a elas. Na obra primarase a reciclaxe de elementos, e así arquitecto e constructor traballan xa na reutilización dos materiais da barandilla para a construcción dunha nova que si cumpra coas normas de seguridade. Leer más…
SOHO SÁBADO 3 DE NOVIEMBRE – Vigo
SOHO ZONA CENTRO “callejeando por las tiendas”
La edición más terrorífica
DÍA: sábado 3 de noviembre, desde las 10 hasta las 22h.
EVENTO: SOHO ZONA CENTRO “callejeando por las tiendas”.
DESARROLLO Leer más…