Concello de Vigo

O Concello da por aprobado por silencio administrativo o Plan Económico Financeiro Abel Caballero explicou que se deu xa a orde de circular o crédito do Concello para poder iniciar os investimentos pendentes da aprobación deste plan económico, unha vez superado en 3 meses o prazo previsto pola lei para que a Xunta o autorizara.

O Concello homenaxeará a figura de FITO DOMINGUEZ, fundador de A RODA O próximo sábado 13 de Outubro, ás 22 horas no auditorio Mar de Vigo, terá lugar o concerto «NA MEMORIA», homenaxe a FITO, fundador do grupo vigués A RODA recentemente falecido. Abel Caballero destacou a «grande vinculación do grupo e de Fito coa cidade de Vigo e co Celta»

Abel Caballero anuncia a validación de dous novos convenios con entidades de Vigo para a xeración de emprego O alcalde explicou hoxe que a Xunta de Goberno local validou os proxectos de convenio de colaboración coa Mancomunidade de Montes e coa Universidade de Vigo por un importe de 575.000 euros que se suman aos aprobados recentemente. As partidas municipais totalizan neste exercicio 7,5 millóns de euros para a xeración de emprego
O martes finaliza o prazo de solicitude de subvención para actividades socioculturais realizadas no 2012 En virtude do estabelecido no artigo 28 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de bases do réxime local e disposicións concordantes, a Concellería de Cultura e Festas do Concello de Vigo convoca a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva destinadas a programas de actividades de ámbito sociocultural; as bases foron aprobadas pola Xunta de Goberno Local de data 31 de agosto e o anuncio da convocatoria no BOP saiu publicado no día de hoxe, 12 de setembro

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: