O BNG presenta unha moción para impedir a perda da paga extra de nadal dos empregadas e empregados públicos do concello da Guarda
“Para o BNG a supresión desta paga vai afectar directamente ao conxunto do comercio local”
A Guarda,30 setembro 12.O Bloque Nacionalista Galego presentou no pleno de setembro unha moción para impedir a perda de poder adquisitivo das empregadas e pmpregados públicos do concello da Guarda afectados polo Decreto 20/2012.
O BNG ten claro que as decisións adoptadas polo Goberno central do PP en materia de política económica están a provocar un agravamento da crise económica. O último episodioconstitúeo o Real Decreto-Lei 20/2012, do 13 de xullo, que contén medidas destinadas á minoración retributiva e de dereitos laborais para as empregadas e empregados públicos, á redución das prestacións por desemprego, á diminución do finanzamento do sistema á dependencia, a liberalización comercial que provocará perdas ao comercio tradicional fronte ás grandes superficies comerciais.
“Eliminar a paga extra ás empregadas e aos empregados do concello é unha medida inxusta e equivocada. Agravará aínda máis a crise, pois reducir o poder de compra destas persoas afectará moi negativamente ao noso comercio local”, comentou o portavoz municipal do BNG, Xan Lois Lomba.
Para o BNG esta medida é unha auténtica imposición, que no caso dos concellos socava a autonomía local, ao pretender facelos partícipes de medidas inxustas que atacan dereitos consolidados de persoas traballadoras.