A XUNTA REAFIRMA A SÚA APOSTA POLO NAVAL CUN PROGRAMA PARA A REINSERCIÓN LABORAL DE 450 TRABALLADORES DESEMPREGADOS

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, expuxeron hoxe en Vigo os detalles de ‘Empreganav’ no que se investirán 3,1 millóns de euros
  • A iniciativa, acordada na Mesa do Naval do Diálogo Social, comezará a próxima semana e inclúe axudas de ata 400 euros para gastos derivados da participación
  • O obxectivo é ofrecer aos participantes asistencia na procura dun emprego, a reciclaxe profesional a medida e a promoción do espírito empresarial
  • Mato resalta que o plan está dirixido prioritariamente aos traballadores de despedimentos obxectivos que tiveran lugar entre o 23 de marzo e o 23 de decembro de 2011
  • Guerra destaca que o naval galego “ten moito que ofrecer a nivel internacional  e supón un foco para a atracción de riqueza a Galicia”, como amosan os contratos asinados con Pemex

Vigo, 3 de outubro de 2012.- A Xunta iniciará a próxima semana a primeira fase do programa ‘Empreganav’, un plan deseñado pola Xunta e cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG) que ten como obxectivo último a reinserción laboral de 450 traballadores desempregados do sector naval. En concreto, trátase dun programa, acordado no seo do Diálogo Social, dirixido a traballadores do sector do metal e, nomeadamente, do auxiliar do naval de Galicia. Para a súa posta en marcha contarase coa participación activas das organizacións empresarias e sindicais sectoriais e a Fundación Galega do Metal (Formega).

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, deron conta hoxe dos detalles desta iniciativa que conta cun orzamento de 3,1 millóns de euros. O obxectivo é proporcionar ás persoas que perderon o emprego no sector “unha resposta axeitada e efectiva”, tal e como destacou a titular de Traballo. Deste xeito, o plan persegue a asistencia dos participantes na procura dun emprego, a reciclaxe profesional a medida e a promoción do espírito empresarial.

Desta forma, ‘Empreganav’ vaise levar a cabo elaborando itinerarios de inserción á medida das necesidades e do perfil de cada traballador. A iniciativa está dirixida prioritariamente a persoas que sufriron un despedimento obxectivo, que tivera lugar entre o 23 de marzo e o 23 de decembro, e que antes do despedimento contara cun contrato indefinido.

“Trátase dunha estratexia integral que inclúe 7 medidas, prestando unha especial atención ás persoas con discapacidade, de maior idade e aquelas que máis dificultades atopen para reintegrarse no mercado laboral”, concretou Mato.

A primeira fase do plan consistirá nunha primeira toma de contacto cos traballadores e traballadoras para comprobar que cumpren cos requisitos, así como na elaboración dun primeiro diagnóstico da súa situación e do seu perfil profesional. Esta primeira parte de ‘Empreganav’ iniciarase a próxima semana: o día 9 na Coruña e Ferrol; o 10 en Santiago e Ourense; e o 11 en Vigo e Vilagarcía. Ademais desta primeira fase, o programa inclúe outras seis medidas:incentivos económicos, accións de sensibilización, un programa de orientación, de formación e de inserción e medidas de acompañamento.

Pola súa banda, o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, salientou o esforzo que está a facer o Goberno da Xunta para afianzar as fortalezas competitivas do naval galego de cara a impulsar a reactivación definitiva do sector. Neste sentido, destacou que tanto os estaleiros como a industria auxiliar da Comunidade “teñen moito que ofrecer a nivel internacional e supoñen un verdadeiro foco para a atracción de riqueza a Galicia”.

Javier Guerra sinalou que o esforzo da Consellería de Economía e Industria, neste eido, tense enfocado a aportar solucións ás diferentes necesidades do sector para facilitar apoio financeiro directo e facer posible que hoxe ningún estaleiro de Galicia estea en concurso de acredores; ao tempo que se levou a cabo unha “intensísima labor comercial internacional”, ao máis alto nivel, que permitiu firmar contratos tan importantes como o de Pemex con Navantia e Barreras.

Por último, o titular de Economía e Industria lembrou que, neste labor, a Xunta tamén apostou por impulsar a competitividade do naval galego, incentivando a I+D+i e mellorando a formación especializada e a inserción laboral dos traballadores do sector

Incentivos económicos

Por último, Mato expuxo as medidas do plan. Con respecto ao programa de incentivos económicos, destacou que se articula como un dispositivo de motivación dos traballadores sufragando os gastos derivados da súa participación no plan. Destínanse, así, 500.000 euros de axudas directas aos traballadores que recibirán ata un máximo de 400 euros, segundo o tipo de subvención. Existen incentivos para a participación activa para o fomento do autoemprego e a conciliación e becas de desprazamento, entre outros.

As medidas de sensibilización buscan encamiñar a participación de cada participante no propio programa coa impartición de cursos informativos relacionados cun posible xiro na experiencia laboral, mentres que no programa de orientación desenvolverase un itinerario persoalizado en relación á procura dun emprego por canto allea ou ben para o inicio de actividade por conta propia, incluíndo a axuda para elaborar un Plan de Negocio.

O programa de formación permitirá facer un plan á medida de cada traballador. Haberá accións formativas básicas, transversal, para a activación laboral, a recualificación fóra do sector, formación especializada dentro do sector e formación en autoemprego. Por último, no programa de inserción, haberá técnicos analizando o tecido industrial para detectar as necesidades de persoal e xestionar as ofertas de emprego, mentres que as medidas de acompañamento irán destinadas a servir de apoio aos traballadores para facilitarlles a obtención dun certificado de experiencia profesional e creación dunha nova empresa.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: