ROSA QUINTANA DESTACA QUE A VENDIMA DESTE ANO PRESÉNTASE BOA EN CALIDADE E INFERIOR EN CANTIDADE Á DOS ÚLTIMOS ANOS

  • A conselleira do Medio Rural e do Mar achegouse ata dúas adegas nos concellos pontevedreses das Neves e      Arbo, nos que se está a desenvolver a vendima dentro da D.O. Rías Baixas,      subzona do Condado do Tea

 

Santiago, 3 de outubro de 2012.- A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, acompañada polo director xeral de Produción Agropecuaria, José Álvarez Robledo, achegouse hoxe ata dúas adegas da Denominación de Orixe (D.O.) Rías Baixas, subzona do Condado do Tea, na que actualmente se están a desenvolver os traballos da vendima. Trátase de Coto Redondo e Eidosela, situadas nos concellos pontevedreses das Neves e Arbo, respectivamente.

 

A conselleira destacou que as previsións para esta colleita de uva de 2012 en Galicia son en xeral boas no que se refire á calidade do froito, malia que se agarda unha vendima menor en cantidade cá rexistrada en 2011, que supuxo o rexistro máis alto da historia das denominacións de orixe (D.O.) na nosa Comunidade Autónoma.

 

Segundo as estimacións realizadas polos consellos reguladores das 5 D.O. galegas (Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras), nesta campaña agárdase unha colleita de uns 45,5 millóns de quilos, cunha diminución do 14% en relación coa media do último quinquenio.

 

Previsións nas Rías Baixas

No caso das Rías Baixas, as previsións para esta campaña apuntan cara a unha produción de arredor de 22 millóns de quilos de uva, que de confirmarse suporía unha redución do 19% en relación coa media das colleitas dos últimos 5 anos nesta zona de produción.

 

Nesta D.O. hai actualmente 6.712 viticultores rexistrados, para unha superficie total de 4.049 hectáreas, e funcionan 166 adegas.

 

Adegas

A adega Coto Redondo nace no 2005 e está situada no concello das Neves. Ten como empresa asociada a Servicios Agrícolas San Juan de Rubiós e entre as dúas xeran 14 postos de traballo fixos. No 2010 facturou 1,6 millóns de euros e no 2011 procesou 1,08 millóns de quilos de uva e produciu 7.300 hectolitros de viño.

 

A Cooperativa Vinícola Eidosela está no concello de Arbo e naceu no 2006. Conta con 61 socios e no 2011 procesou 544.497 quilos de uva e produciu 3.615 hectolitros de viño.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: