ECONOMÍA E INDUSTRIA APOIA ÁS COOPERATIVAS AGRARIAS GALEGAS NA SÚA PROCURA DE CLIENTES EN MERCADOS COMO ALEMAÑA E BENELUX

  • O Igape respalda unha misión empresarial inversa organizada por AGACA que reuniu en Santiago a produtores galegos con importadores deses potentes mercados europeos
  • Durante a súa participación no encontro, o director do Igape, Javier Aguilera, destacou a importancia dos proxectos colectivos para facer posible que os apoios a proxectos de internacionalización beneficien a un maior número de empresas

Santiago, 4 de outubro de 2012.- A Consellería de Economía e Industria apoia ás cooperativas agroalimentarias galegas na súa procura de clientes en mercados como Alemaña e Benelux, mediante a organización dunha misión inversa que comezou hoxe cun encontro de importadores deses países e produtores galegos que se desenvolveu en Santiago.

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, participou no encontro das cooperativas agrarias cos importadores de Alemaña e Benelux e salientou a importancia dos produtos agroalimentarios galegos, de calidade recoñecida, na procura de novos mercados, tanto en Europa como no resto do mundo.

Aguilera Navarro destacou que a internacionalización constitúe, xunto coa mellora da competitividade, un dos eixos estratéxicos de promoción empresarial que está a impulsar o actual goberno, e subliñou ademais os importantes avances que se están acadando, tanto polo incremento das exportacións como polo número de empresas que exportan.

O director xeral do Igape salientou tanto o esforzo dedicado ás liñas de apoio á internacionalización como a resposta dos empresarios e destacou igualmente o especial apoio que se está a dar a proxectos de alcance colectivo que favorecen a un número elevado de empresas e, neste caso, a un importante número de produtores galegos.

Entre os proxectos de internacionalización que está a apoiar a Consellería de Economía e Industria a través do Igape está a misión comercial inversa organizada pola Asociación de Cooperativas Agrarias Galegas, que fixo posible o encontro e as reunións bilaterais das máis de vinte cooperativas galegas participantes cos representantes dunha ducia de empresas importadoras procedentes de Alemaña, Bélxica, Holanda e Luxemburgo

A misión empresarial inversa inclúe, ademais dos encontros bilaterais entre produtores galegos e importadores europeos, mostra e degustación de produtos agroalimentarios galegos e visitas ás cooperativas participantes.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: