Concello de Vigo


Abel Caballero recolle unha Mención Especial polo Percorrido Sensorial do xardín histórico de Castrelos

O alcalde recibiu o galardón dos Premios Unión Europea de Patrimonio Cultural-Europa Nostra 2012 de mans da Reina dona Sofía, nun acto no que estivo acompañado polas arquitectas do estudo BMJ, autoras da iniciativa, e do concelleiro Santiago Domínguez.

 


Abelairas presentou a programación de outono e as novidades da biblioteca municipal Xosé Neira Vilas

A concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, presentou hoxe xoves en rolda de prensa o programa de actividades para este derradeiro trimestre de 2012 na Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas, ubicada
en Martínez Garrido,no que destacou as accións de formación de usuarios, con dúas novas edicións dos cursos de alfabetización informacional.

 


O Concello organiza o XIX Encontro da Rede de Centros de Documentación de Mulleres

A concelleira de Igualdade, Chus Lago, asistiu hoxe xoves á apertura destas xornadas que acolle Vigo ata mañá, coa participación de Centros de Documentación de Barcelona, Granada, Pamplona, Madrid e Sevilla, entre outros. O programa inclúe conferencias abertas a todos os públicos na Casa Galega da Cultura.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: