Programación Otoño
Novacaixagalicia presentará o vindeiro luns, 8 de outubro, ás 20:30 h, no teatro do Centro Cultural da entidade en Vigo, unha nova proposta escénica que recupera un dos autores estadounidenses clave na literatura do século xx. De ratos y homes versa sobre as difíciles relacións humanas en períodos de angustia e de crise socioeconómica como a vivida en Estados Unidos durante os anos da gran depresión.
Novacaixagalicia estrea o seu ciclo «Pinceladas de cine» en catro cidades galegas
Novacaixagalicia programa para este outono-inverno un novo ciclo que, baixo o título de «Pinceladas de cine», proxectará seis películas cuxa temática é o cine, a arte e os artistas. Seis títulos de diferentes épocas e estilos que percorrerán as cidades galegas de Ferrol, Santiago, A Coruña e Lugo.
Novacaixagalicia inaugura mañá os seus cursos de cociña para nenos e nenas de Vigo
A aula de cociña do Centro Social Novacaixagalicia de Vigo acollerá mañá o primeiro dos cursos dedicados a instruír os rapaces e rapazas de 10 a 14 anos nos segredos da boa cociña. Da man de Juana Portela Martínez, todos os sábados deste mes de outubro, entre as 11:00 h e as 13:00 h, explicaránselles aos asistentes a estas sesións as claves dunha boa cociña, tanto para pratos principais como para sobremesas.
Novacaixagalicia presenta o pior de Mofa e Befa en Pontevedra e Vigo
Novacaixagalicia acollerá a vindeira semana nos seus centros de Pontevedra e Vigo o último espectáculo de Mofa e Befa. A actuación terá lugar, o 12 de outubro, no Centro Social da entidade na cidade do Lérez ás 20:30 h, mentres que a que ofrecerán na urbe olívica, será ao día seguinte, sábado 13, ás 20:30 h, no teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia.