A XUNTA DE GALICIA ELIMINA UN PUNTO DE VERTIDO PROCEDENTE DA REDE DE SANEAMENTO DO CONCELLO DE BUEU Á RÍA DE PONTEVEDRA

  • Este problema foi atendido polo persoal técnico do PCV, procedendo á toma de mostra para a súa análise, o que permitiu identificar a orixe do vertido na rede de saneamento
  • O vertido localizouse no porto desta localidade pontevedresa

 Santiago, 6 de outubro de 2012.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, vén de eliminar un punto de vertido procedente da rede de saneamento do Concello de Bueu á ría de Pontevedra. Esta actuación levouse a cabo grazas as tarefas dos técnicos do Plan de Control de Vertidos (PCV) de Augas de Galicia. Así mesmo, estes especialistas xa comprobaron a emenda do vertido que, concretamente, localizouse no porto desta localidade pontevedresa. Este problema comunicouse o pasado 5 de setembro, a través do Servizo de Denuncias da Web de Augas de Galicia, que foi atendida polo persoal técnico do PCV, procedendo á toma de mostra para a súa análise, o que permitiu identificar a orixe do vertido na rede de saneamento.

Vertido localizado

Tras ter coñecemento desta irregularidade e informada a empresa concesionaria do servizo de saneamento municipal do Concello de Bueu, Aqualia, leváronse a cabo as actuacións precisas para a subsanación do vertido, localizado pola compañía nunha conexión errónea de saneamento cara á rede de pluviais da zona. Na última inspección realizada polo persoal do Plan de Control de Vertidos, constatouse que non existe xa vertido a través do punto atopado, nin indicios de afección ao Dominio Público na zona onde se orixinou dito problema.

 

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: