Losada lembra que durante o goberno de Feijóo Vigo rexistrou 10 parados máis ao día

O cabeza de lista por Pontevedra, Abel Losada, asegurou esta mañá que o “desastroso” balance de Feijóo en emprego supuxo en Vigo 10 parados máis a diario durante os últimos tres anos e medio. Losada visitou hoxe o Mercado de As Travesas, acompañado dos candidatos Manel Gallego e Julia López

Vigo, 6 de outubro de 2012.  O cabeza de lista pola provincia de Pontevedra, Abel Losada, destacou que desde que goberna o PP na Xunta o desemprego en Vigo creceu a un ritmo de 10 parados máis ao día. “Ese é o  desastroso balance do señor Feijóo dos seus tres anos e medio de goberno para esta cidade”, insistindo en que durante este periodo o paro en Galicia creceu o dobre que no resto de España. “A valoración da xestión de Feijóo non pode ser máis negativa”, dixo Losada para acusar ao candidato do PP de “facer deixación das rúas responsabilidades e tratar de ocultar a súa incompetencia argumentando a falla de competencias”.

A consecuencia desta “ineficaz” xestión é unha sociedade cada vez máis “desigual, desequilibrada e inxusta para os que máis sofren os efectos da crise”. Engadiu que Feijóo “ainda por enriba de ser un pésimo xestor, non ten escrúpulos á hora de xogar coas expectativas dos parados”. Na súa opinión, o exemplo máis paradigmático desta “burla” é o suposto acordo con Pemex. Losada acusou ao candidato do PP de “anteponer a publicidade e a propaganda aos inereses xerais que son os que debe defender como presidente” e instou a Feijóo a amosar eses contratos “porque un día despois de asegurar que os ía mostrar votou en contra no Parlamento”.

En contraposición a esta “nefasta xestión”, os socialistas, avanzou, comprométense a poñer en marcha 25.000 bolsas contrato para mozos e mozas, aprobar un programa de formación e emprego para mulleres, e outro de apoio ao pequeño empresario. Ademáis, “pararemos de inmediato os despidos dos traballadores públicos”, asegurou.

Losada fixo estas declaracións nunha visita ao Mercado de As Travesas, no que estivo acompañado dos candidatos Manel Gallego e Julia López, ademáis do secretario de organización dos socialistas de Vigo, Angel Rivas.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: