TRABALLO ELABORA UN ESTUDO SOBRE OS HORARIOS NAS EMPRESAS PARA FAVORECER A CONCILIACI​ÓN DA VIDA PERSOAL, FAMILIAR E LABORAL

  • O director xeral de Relacións Laborais, Odilo Martiñá, participou hoxe no ‘VII Congreso Nacional para racionalizar horarios españois’ que se celebrou en Madrid
  • O estudo amosa que o 78% das persoas preguntadas considera que unha maior presenza horaria no traballo non incrementa a produtividade e incluso a diminúe
  • A enquisa supón un paso máis para tratar de mellorar as posibilidades de conciliación dos traballadores e traballadoras galegos

 Santiago, 9 de outubro de 2012.- A dirección xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar vén de elaborar un estudo sobre a racionalización dos horarios nas empresas da nosa Comunidade. Este estudo enmárcase na aposta da Xunta por promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral. O director xeral de Relacións Laborais, Odilo Martiñá, participou hoxe en Madrid no ‘VII Congreso Nacional para racionalizar horarios españois’ e indicou que a preocupación polo establecemento duns horarios laborais racionais ocupa un lugar importante para a Administración galega, “non só para promover a conciliación, tamén para mellorar outros aspectos básicos da estrutura empresarial, social e familiar”Así, a través do estudo elaborado pola Consellería de Traballo e Benestar, constatouse que o 78% das persoas preguntadas considera que unha maior presenza horaria no traballo non incrementa a produtividade e, nalgúns casos, incluso a diminúe. Do mesmo xeito que, o 83% das persoas enquisadas recoñece que as empresas galegas serían máis competitivas si adaptasen os seus horarios aos das empresas europeas. O director xeral tamén salientou que a pesar de que o 51% das persoas preguntadas considera que o seu horario non favorece a conciliación, o 81% sinala que non teñen previsto cambiar os horarios da súa empresa nun futuro próximo.Martiñá incidiu en que este estudo “é un paso máis para tratar de mellorar as posibilidades de conciliación da vida persoal, familiar e laboral dos traballadores e traballadoras galegos” que afecta a aspectos tan importantes como o incremento da produtividade, a redución da sinistralidade laboral, ou a mellora da calidade de vida dos traballadores. Ademais, o Goberno galego ten posto en marcha outras actuacións co fin de promover a conciliación e mellorar a racionalizacións dos horarios. Entre estas actuacións, púxose en marcha o Proxecto Kronos, mediante o cal se poderán acreditar dixitalmente aos empregados públicos permitindo que se acollan ás vantaxes da flexibilidade laboral. Outras das accións destacadas son as axudas do Programa Emega, para o apoio ás mulleres emprendedoras, os programas de apoio á conciliación da vida laboral e familiar, as axudas para a implantación de plans de igualdade nas empresas galegas e a Marca Galega de Excelencia en Igualdade, que xa posúen dúas empresas na nosa Comunidade.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: