Reparto de información electoral polo Mercado de A Bouza,dos candidatos socialista​s Manel Gallego e Julia López

  O candidato socialista e secretario dos socialistas de Vigo, Manel Gallego, defendeu esta mañá o voto ao PSdeG como garante das sanidade pública, fronte a un presidente da Xunta que «fixo todo o posible para desmantelala durante tres anos e medio». Logo de lembrar que en Galicia hai mil médicos menos, referiuse ao hospital de Vigo para reiterar a petición dos socialistas dun centro público «porque non queremos ser menos que os cidadáns de Santiago, A Coruña, Lugo ou Ourense». Manel Gallego apuntou que, tal e como din as enquisas, se todos os galegos que din preferir o cambio político votan o día 21, Galicia terá un presidente socialista

Vigo, 10 de outubro de 2012-.

O candidato e secretario xeral dos socialistas de Vigo, Manel Gallego, acusou esta mañá a Feijóo de «levar tres anos e medio facendo todo o posible para desmantelar a sanidade pública en Galicia». En declaracións aos medios, Gallego defendeu a opción socialista como garante dunha sanidade pública e de calidade, «fronte aos recortes do PP». Apuntou que na Comunidade hai 1.000 médicos menos e referiuse ao hospital privado de Vigo como outra mostra da política privatizadora do PP. Reiterou o compromiso de transformar ese centro privado nun público «como teñen o resto das cidades galegas, porque non queremos ser menos que os cidadáns de Santiago, A Coruña, Lugo ou Ourense. Temos os mesmos dereitos».Lembrou que o goberno de Feijóo puxo en mans privadas a construcción e posterior xestión o hospital, o que suporá que unha empresa privada construirá e xestionará o centro durante 20 anos para o que recibirá 1.500 millóns de euros, cunha fórmula de finanzamento inasumible para a sanidade pública galega. Asimesmo, os socialistas comprométense nos primeiros 100 días de goberno a eliminar o copago sanitario para que os pensionistas non teñan que costearse os medicamentos. Destacan que a fórmula é establecer prioridades e critican que Feijóo permitira que os directivos das caixas levasen indemnizacións polo dobre que do que se pretende cargar aos pensionistas polas menciñas.   Manel Gallego fixo unha análise das enquisas sobre as eleccións do 21 de outubro asegurando que,tal e como din as enquisas, se todos os galegos que din preferir o cambio político votan o día 21, Galicia terá un presidente socialista . O secretario xeral dos socialistas vigueses e candidato participou esta mañá nun reparto de información electoral no Mercado de A Bouza, acompañado pola número seis da candidatura socialista por Pontevedra, Julia López.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: