Xosé Manuel Méndez presenta as propostas do BNG no Rosal acompañado de Bieito Lobeira

  Xosé Manuel Méndez:“Temos a oportunidade de quitarlle o poder ao Partido Popular se concentramos o voto nacionalista e de esquerda no BNG. Isto sabémolo nós e sábeno eles”.O Bloque Nacionalista Galego celebrou onte un acto público no Concello do Rosal. O acto, que foi presentado polo Portavoz Municipal do BNG -Alberte Alonso- contou coa intervención de Xosé Manuel Méndez, candidato polo Baixo Miño ao Parlamento Galego, Bieito Lobeira -deputado na presente lexislatura- e Miro Martínez -afectado polas preferentes. Xosé Manuel Méndez, candidato do BNG ao Parlamento Galego polo Baixo Miño dirixíuse ás numerosas persoas asistentes para explicar as propostas do Bloque Nacionalista Galego. “É urxente empezar a facer as cousas doutro xeito. Producimos os mellores alimentos de Europa, ninguén nos ensina a pescar, nin a construir barcos, queremos transformar o noso vento en enerxia eólica para poñer ao servizo do noso país. Xa está ben de gobernos submisos a Europa da Sr. Merkel e aos banqueiros. Chegou o momento de que os galegos nos gobernemos a nós mesmos e para iso é preciso apoiar ao BNG.” O candidato nacionalista do Baixo Miño fixo tamén un chamamento á participación nas eleccións do día 21: “Temos a oportunidade de quitarlle o poder ao Partido Popular se concentramos o voto nacionalista e de esquerda no BNG. Isto sabémolo nós e sábeno eles, por iso queren convencernos de que goberne quen goberne todo será igual… queren roubarnos até a esperanza, porque saben que o voto ao BNG é o que pode facerlles perder o goberno. Pola súa banda Bieito Lobeira reafirmou a necesidade de confiar nas capacidades de Galiza: “Dende o BNG afirmamos sen reservas que en Galiza hai sectores nos que, se nos deixan producir, se pode xerar riqueza e emprego”. Sobre a situación económica afirmou que “os cartos non desaparecen, o que pasa é que cada vez están concentrados en menos mans e por riba temos un poder político que se adica a exprimir ao pobo para llos dar á banca privada, aos especuladores.” Finalmente o deputado do BNG pediu o apoio para o Bloque Nacionalista Galego lembrando que “o voto que máis lles doe á banca e aos poderosos é o voto ao BNG, porque saben que somos os únicos que non lle debemos pleitesía a ninguén e só nos debemos ao noso pobo”. O Portavoz Municipal do BNG no Rosal recalcou a necesidade dun cambio de rumbo nas políticas da Xunta de Galiza. Como exemplo referíuse á política de emprego que o PP desenvolveu no Rosal: “Co paro o único que se fixo no Rosal foi enviar á técnica municipal de emprego a recoller currículos para enviar ás mozas e mozos a taballar a Alemania. No BNG, pola contra, reivindicamos o dereito de traballar na nosa terra”
Miro Martínez, afectado polas preferentes, aproveitou a súa intervención para lembrar que son cerca de 100.000 galegas e galegos as que en Galiza están afectadas pola estafa das preferentes. “Mentres vemos como se rescata a banca privada con centos de miles de millóns que pagamos entre todos dinnos que os estafados polas preferentes temos que aceptar unha “quita” e renunciar ao 70 por cen do que nos roubaron.”

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: