Acto de campaña Abel Losada -PSOE

 O socialista lembra que Galicia segue a esperar explicacións convincentes do candidato do PP sobre o déficit do ano 2010 «porque non se pode enganar a todo o mundo todo o tempo»

Vigo, 11 de outubro de 2012-.

O cabeza de lista por Pontevedra, Abel Losada, acusou ao candidato do PP de «mentir» cando el ou calquera dos seus conselleiros veñen a Vigo a degranar os supostos investimentos que fixo Partido Popular na cidade. Losada, quen explicou que é a primeira vez «na historia que a Xunta non ten unha soa obra en marcha na cidade», esgrimiu algúns dos «ataques» que Feijóo fixo a Vigo durante os tres anos e medio de goberno. Referíuse á fusión das caixas, á política aeroportuaria de «primar o aeroporto de Santiago en contra do de Vigo», á construcción dun hospital privado, a diferencia doutras cidades como Lugo, A Coruña ou Santiago, ao intento de «gobernar Vigo pola porta de atrás», coa aprobación dunha lei de área metropolitana en contra de Vigo, á negativa de poñer en marcha a Cidade da Xustiza ou a súa non contribución económica para sufragar a nova depuradora. Apuntou que estes agravios cara á cidade son o balance do que pode «presumir» o señor Feijóo cando ven a Vigo e apuntou que esta cidade merece un goberno da Xunta que diga a verdade «sexa cal sexa». Neste punto, reiterou a Feijóo a súa obriga cos galegos e galegas de dar explicacións convincentes sobre o déficit do ano 2010 «porque non se pode enganar a todo o mundo todo o tempo». Losadalembrou o Informe do Consello de Contas que denuncia o traslado irregular de facturas do ano 2010 ao ano 2011 do goberno da Xunta porque evidencia «a falsedade da imaxe de bo xestor que quere transmitir Feijóo». Losada participou esta tarde nun reparto de información electoral no Calvario, acompañado por simpatizantes e militantes.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja un comentario